Cerdedo-Cotobade saca a contratación a senda peonil de Tenorio
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de sacar a licitación pública, por importe total de 54.200 euros, a senda peonil de acceso aos equipamentos públicos de Tenorio que permitirá mellorar a seguridade vial no acceso á zona escolar dende a ponte que cruza a carretera nacional N-541, bordeando o muro do centro educativo alí existente, ata a pista polideportiva.
Aproveitarase a obra para soterrar a liña eléctrica, retranquear os postes de telecomunicacións alí ubicados, colocaranse bolardos plásticos reflectantes e tamén se acometerá a canalización de pluviais para recoller as augas das pistas deportivas, así como o desvío aéreo do tendido telefónico.
O alcalde Jorge Cubela salientou que esta nova pista peonil reforzará o proceso de humanización que se está a levar a cabo en Tenorio, e noutros lugares do municipio, dentro da aposta do grupo de goberno por mellorar as condicións de vida e de seguridade vial das persoas que residen en zonas rurais.
Nesta ocasión trátase da execución do pavimentado dun ensanche existente no acceso aos equipamentos públicos de Tenorio a través dunha senda peonil lateral de acceso en formigón de color.
Segundo o alcalde, Jorge Cubela, esta obra promóvese pola necesidade de acadar un acceso seguro aos distintos equipamentos públicos no entorno de Tenorio como a escola infantil, o pavillón de deportes, o colexio, o instituto de ensino medio e as pistas polideportivas.
Relacionadas:
-
Finalizan as obras da senda peonil de Tenorio entre o colexio e as pistas polideportivas
Por Redacción |
-
A humanización da nova senda peonil de Tenorio xa está rematada
Por Redacción |
-
Comezan as obras da nova senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Cubela estuda facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio
Por Redacción |
-
Adxudicada en 39.320 euros a senda peonil en Tenorio
Por Redacción |
-
Avanza a bo ritmo a humanización da travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
Proxectan a creación dunha senda peonil en Tenorio cun investimento de 54.000 euros
Por Redacción |