"Me dijo mi compañero: ahí está el de los super y llamamos a la Policía. Cinco minutos más y se les escapa"
Por Natalia Puga
Santiago é o propietario da tapería restaurante San Cristobal, na avenida de Uruguai, e unha chamada realizada por el e un coñecido á Policía permitiu na noite do mércores a detención do suposto atracador, polo menos, tres supermercados, unha panadaría e un estanco en Marín e Pontevedra na coñecida como Finca do Teucro. A súa colaboración foi clave e sábeo, pero réstase importancia: "solo llamamos a la Policía".
Todo aconteceu sobre as 21.00 horas do mércores. Hora e media despois, cando atende a PontevedraViva, o estado de nerviosismo pola intensidade do momento vivido aínda impídelle valorar o alcance desa chamada. El estaba no seu bar, un compañeiro estaba a gardar un barco na rúa do lado e viu o sospeitoso. "Me dijo: ahí está el de los super y llamamos a la Policía", explica.
Eles sabían que era "el de los super" porque as policías Local e Nacional lle seguían a pista dende había semanas e estiveran a peitear a zona da Finca do Teucro. Ademais, tanto el coma o coñecido que lle axudou a 'delatar' ao presunto atracador coñecían perfectamente a súa cara.
Este mércores volveu ao terreo no que adoitaba pasar a noite ou, polo menos, resgardarse de cando en vez. "Hace cosa de un mes que se quedaba ahí, en la casa abandonada que está dentro". El sabíao porque "venía aquí a comprar tabaco" e, curiosamente, "siempre pagaba con un billete de 50 euros". Ás veces ía velo unha rapaza que "entraba, tomaba un café y cargaba el teléfono en ese enchufe"
Nos primeiros días da súa 'estanza' na casa abandonada "aparcarba la moto ahí al lado", na avenida de Uruguay, pero un día estivo a punto de coincidir coa Policía. Dende que os axentes empezaron a vixiar a zona, "la moto desapareció, no la volvía a ver".
"El de los super " seguía indo, pero, ata este mércores, conseguira eludir a Policía. Nesta ocasión "llegaron muy rápido muchos coches de la Policía, la Local y la Nacional". Un despregamento que resultou "espectacular" e que fixo que "muchos vecinos se acercaron hasta allí. Yo no, me quedé en el bar, ¿qué hacía allí?".
Os policías chegaron e rodearon o terreo. Entraron e o individuo "intentó escapar y casi lo consigue porque se ve que estaba con la mosca detrás de la oreja y en cuanto vio movimiento echó a correr por detrás". Os policías coñecían ben o terreo e cortáronlle o paso. Tras unha persecución, arrestárono. O éxito da detención estivo, segun Santiago, en que actuaron moi rápido, pois "cinco minutos más y se les escapa, si tardan más, ya no lo pillan".
Nuns 15 minutos a intervención rematara e o individuo estaba detido. Iba con chandal branco, un pasamontañas no colo e cara de poucos amigos. Detrás del saíu da Finca do Teucro un Policía que deu as grazas pola colaboración veciñal. "Llevaba una mochila que nosotros entendemos que era del detenido", pero xa ninguén lles achegou máis detalles. Agora todo forma parte xa da investigación policial.
Relacionadas:
-
O atracador de seis supermercados confesa ante o xuíz
Por Natalia Puga |
-
O atracador dos supermercados ingresa en prisión por once asaltos
Por Natalia Puga |
-
O atracador de supermercados, buscado tamén por asaltos similares en Ourense
Por Natalia Puga |
-
Deteñen o atracador dos supermercados
Por Natalia Puga |