O PP solicita un estudo para resituar os contedores de lixo ao entender que "atentan contra o comercio"
Por Redacción
Rafa Domínguez, presidente do PP de Pontevedra e portavoz do grupo municipal, presentaba por rexistro este venres unha moción na que solicita o estudo individualizado para recolocar os contedores situados no centro urbano de Pontevedra.
O portavoz popular afirma que a colocación destes contedores de lixo na contorna urbana "choca coa estética da nosa cidade". Domínguez vai máis aló e asegura que, en ocasións, estes depósitos atentan directamente contra o comercio local ao atoparse diante de escaparates de establecementos comerciais, aínda que nas proximidades haxa espazo para resituarlos sen comercios locais que se poidan ver afectados.
Tamén critica outras circunstancias dentro do centro histórico. Desta forma, pon de manifesto que "non parece ter xustificación que haxa unha fila de contedores no lateral do noso Teatro Principal, un dos edificios máis emblemáticos da nosa cidade". Tamén critica a "muralla de contedores" situada diante do edificio do Colexio Médico de Pontevedra na rúa Echegaray.
O representante do PP afirma que ten coñecemento de "múltiples queixas por parte de veciños, colectivos ou comercios locais", que reclaman o cambio. Por este motivo, no próximo pleno municipal solicitará un estudo detallado para resituar na medida do posible os contedores que xeren problemas no centro urbano.
Relacionadas:
-
O novo contrato do lixo, primeira parada dunha ofensiva do PP contra a "indiferenza" de Lores cara ao rural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez reclama "menos composteiros comunitarios en pleno centro e máis limpeza"
Por Redacción |
-
Reclaman máis limpeza e unha mellor recollida de lixo en dúas rúas da cidade
Por Redacción |
-
Comeza a colocación e reparto dos colectores marróns
Por Oskar Viéitez |
-
Renovan os colectores de lixo do Mercado, Benito Corbal e Virxe do Camiño
Por Redacción |
-
O Concello instala novos colectores no centro histórico
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez pedirá no pleno que o Concello se tome en serio a recollida de lixo na cidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |