O alumnado de Poio aprende como o lixo orgánico se converte en compost
Por Redacción
Escolares de cuarto da ESO do instituto de Poio protagonizaron unha visita a un dos centros comunitarios de compostaxe do municipio para comprobar como é o proceso mediante o que o lixo orgánico se converte en compost a través destes recipientes.
É unha das actividades do Plan Revitaliza da Deputación. Nela, os monitores indicaron, entre outras cuestións, como é preciso separar o lixo na cociña, como se fan as achegas ao composteiro e como se tapan co estruturante, e falaron do traballo dos mestres composteiros.
O alumnado do IES Poio realizou esta visita como complemento ás charlas, obradoiros e xogos que solicitaron os seus centros educativos ao Revitaliza co fin de familiarizarse con este modelo de xestión de residuos.
O obxectivo destas actividades é concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos, acadar un cambio de actitudes na separación do lixo orgánico doméstico, obter un compromiso persoal ante a redución dese lixo e co uso dos composteiros, e informar sobre a compostaxe como alternativa necesaria, económica e ecolóxica aos tratamentos actuais.
Relacionadas:
-
Escolares do CEIP Lourido descobren os segredos do funcionamento do composteiro comunitario
Por Redacción |
-
Xa funciona o segundo centro de compostaxe comunitario da parroquia de San Salvador
Por Redacción |
-
O Concello de Poio mercará un milleiro de composteiros individuais
Por Redacción |
-
O Revitaliza modificará a súa ordenanza de compostaxe local
Por Redacción |
-
A horta escolar e o invernadoiro do colexio Riomaior resisten ás restricións sanitarias
Por Oskar Viéitez |
-
Novas sesións sobre compostaxe nos centros educativos
Por Redacción |