Avanza a recuperación do exterior do Pazo de Quintáns cun investimento por riba dos 600.000 euros
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo dá un paso máis na recuperación de Pazo de Quintáns, declarado Ben de Interese Cultural en 2017, coa contratación dun proxecto integral da contorna da leira que conta cunha superficie de 9.034 metros cadrados e unha parcela anexa que se acondicionará como estacionamento.
Tras unha primeira actuación de rehabilitación do edificio principal e o de servizos, o Concello quere poñer en marcha a segunda fase para lograr a recuperación plena do conxunto que permita acoller o primeiro Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas.
O proxecto de recuperación e posta en valor da contorna do Pazo, que está a elaborar o arquitecto Carlos Berride, ten un custo estimado superior aos 600.000 euros.
Este ambicioso proxecto contempla a creación dun espazo cuberto para eventos no exterior con capacidade para albergar máis de 400 persoas nunha parcela de case 4.000 metros cadrados na que se plantarán diferentes especies.
Ademais, vaise a abordar a mellora do camiño de acceso e dotación dun aparcamento para uns 30 vehículos; a recuperación do xardín botánico coas especies existentes no orixinario; a limpeza de muros e a apertura de ocos para optimizar o tránsito peonil; ou a rehabilitación do hórreo, substituíndo as paredes de ladrillo por táboas de madeira, e ao que se lle dotará de auga e electricidade para convertelo nun almacén versátil.
A posta en valor do "parladoiro" presente no muro inmediato ao xardín botánico, ao que se incorporarán escaleiras e iluminación; e a instalación de sistemas de videovixilancia en todo o conxunto do pazo completan a intervención.
Relacionadas:
-
A segunda fase do Pazo de Quintáns será posible grazas a 1,3 millóns de euros dos fondos Next Generation
Por Redacción |
-
O PSOE de Sanxenxo pide destinar o Pazo de Quintáns á cultura e non á hostalería
Por Redacción |
-
Os veciños de Noalla visitan o Pazo de Quintáns tras a primeira fase de rehabilitación
Por Redacción |
-
Impulsan unha senda peonil entre Noalla e A Lanzada co Pazo de Quintáns como eixo
Por Redacción |
-
A Xunta colaborará co Concello de Sanxenxo na posta en marcha do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Sanxenxo converte o Pazo de Quintáns no primeiro museo da cultura gastronómica das Rías Baixas
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilitará un estacionamento para o Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
O Pazo de Quintáns recupera a súa emblemática galería
Por Redacción |
-
O 'ferrollo' polo coronavirus frea as obras do colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns e o Priorado de Arra
Por Redacción |