As axudas para computadores suman 1.610 solicitudes un día antes de pechar o prazo
Por Oskar Viéitez
A portavoz municipal, Anabel Gulías, informou este martes en rolda de prensa que as oficinas do Plan Supera xa recolleron 1.610 solicitudes de axudas para a compra de computadores portátiles e de sobremesa para o alumnado (menor de 18 anos) de colexios e institutos do concello da capital.
Este mércores día 19 de maio será o último día de prazo. "Estamos, obviamente, moi satisfeitos con esta convocatoria que, salvo sorpresa maiúscula, vai agotar o crédito previsto no Plan Supera", valorou Anabel Gulías.
"Agora queda o traballo máis complexo", que será ordenar as peticións de axuda segundo a capacidade económica dos solicitantes, indicou a portavoz do goberno municipal.
As subvencións desta liña do Plan Supera 21 serán dun máximo de 400 euros por computador e de 2.000 euros por núcleo familiar
As peticións serán tramitadas en réxime de concorrencia competitiva e a concesión das subvencións realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas.
Relacionadas:
-
Finaliza o prazo de axudas para computadores cun total de 1.944 solicitudes
Por Redacción |
-
O Concello recibe 580 solicitudes de axuda para adquirir material informático dentro do Plan Supera
Por Redacción |
-
As axudas municipais para comprar ordenadores reciben 256 solicitudes en só catro días
Por Redacción |
-
Pistoletazo de saída para a solicitude das axudas do Concello para comprar computadores
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza o reparto de folletos informativos nos centros educativos sobre as axudas para mercar ordenadores
Por Redacción |