O alumnado do IES de Poio pide habilitar carrís bici no municipio
Por Redacción
Coñecer as sensacións, achegas e inquedanzas dos estudantes. Con ese obxectivo, o goberno municipal de Poio mantivo unha xuntanza con alumnos e alumna do instituto do municipio. Foi no transcurso dunha asemblea aberta celebrada durante o recreo.
Nela, tomaron parte representantes de todos os cursos de ESO, Bacharelato e do ciclo formativo de grao medio, xunto coa edil de Educación, Raquel Rodríguez.
"Foi unha toma de contacto para coñecer a súa valoración do curso que está a piques de rematar", explicou Rodríguez, que salientou que durante a reunión xurdiron "propostas moi interesantes" que o goberno municipal vai a estudar.
As propostas versaron, entre outras cuestións, sobre futuras temáticas para o desenvolvemento de exposicións ou conferencias, así como peticións para habilitar carrís bici e impulsar máis iniciativas vencelladas ao coidado do medio ambiente.
A concelleira de Educación agradeceu "o interese e a implicación" do alumnado que asistiu á asemblea porque "son o futuro do noso concello e, na medida do posible, queremos dar resposta ás súas demandas".
Relacionadas:
-
Poio investiu preto de 140.000 euros nos centros educativos do municipio durante este curso
Por Redacción |
-
Trinta fotografías para visibilizar a diversidade de xénero no IES de Poio
Por Redacción |
-
Alumnado do IES de Poio inicia o DepoRúArte cunha xornada de concienciación ecolóxica
Por Redacción |
-
O acceso ao IES de Poio estrea pavimentación e pasará a ser de dirección única
Por Redacción |