Restricións de tráfico en Loureiro Crespo desde o mércores 7
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pechará o tráfico da rúa Loureiro Crespo desde o vindeiro mércores, 7 de xullo, e ata o día 31 de xullo por mor das obras que se están levando a cabo neste vial. Concretamente, será no tramo comprendido entre San Mauro e Rodríguez Seoane.
O acceso aos garaxes destas rúas habilitarase por Mestre Soutullo e Ángel Amor Ruibal, para os vehículos procedentes da rúa Prado Novo; e pola rúa Rodríguez Seoane para os vehículos procedentes da rúa Estrada.
Finalmente, os accesos aos garaxes das rúas Ángel Amor Ruibal, Forcarei e Ernesto Caballero serán pola rúa Ramón Cabanillas, procedentes da rúa Prado Novo; e os accesos aos garaxes da rúa Mestre Soutullo serán pola rúa Ángel Amor Ruibal, procedentes da rúa Prado Novo.
Relacionadas:
-
Loureiro Crespo ultima a súa reforma e quedará aberta este venres
Por Redacción |
-
Corte de tráfico en Loureiro Crespo e Casimiro Gómez
Por Redacción |
-
Cortan ao tráfico as rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gómez para avanzar na súa reforma
Por Redacción |
-
O peche do cruzamento de Rodríguez Seoane e Loureiro Crespo se prolongará até finais de xuño
Por Redacción |