Ponte Caldelas informa desfavorablemente sobre o parque eólico da Rula
Por Redacción
A oposición ao parque eólico da Rula, en Cerdedo-Cotobade, chega tamén a Ponte Caldelas. O Concello vén de emitir un informe desfavorable a este proxecto, cuxa liña de evacuación e a liña de alta tensión afectarían ao ámbito municipal de Ponte Caldelas.
A este informe, elaborado polo arquitecto municipal, vaise a sumar un segundo documento, redactado pola responsable do servizo de Medio Ambiente.
Ponte Caldelas rexeita este proxecto, entre outros motivos, porque a súa implantación crearía "efectos significativos, negativos e permanentes" sobre a poboación e súa saúde, o patrimonio cultural, a fauna, a flora e a paisaxe natural ou nos bens materiais do municipio.
Ademais, o informe advirte que o parque empresarial carece de estudo de impacto de integración paisaxística e que impide a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural, entre os que destaca a área arqueolóxica de Tourón.
O arquitecto alerta, por último, de que este parque dificultaría o desenvolvemento do modelo territorial recollido no PXOM de Ponte Caldelas, sostido na potenciación do comercio, do turismo cultural e na valoración do entorno natural e paisaxístico.
Relacionadas:
-
Os voceiros municipais respaldan unánimemente as alegacións municipais ao parque eólico Rula
Por Redacción |
-
Pancarta no Concello contra eólicos e liñas de alta tensión
Por Redacción |
-
Proxectan un parque eólico de 587 hectáreas e catro aeroxeradores no Monte Castrove
Por Alejandro Espiño |
-
Díaz anima á veciñanza a presentar alegacións ante o "boom eólico"
Por Redacción |