Arrancan as Festas do Carme de Marín, cun ollo posto nas restricións pola pandemia
Por Redacción
A pesar do aumento da incidencia da pandemia no municipio, Marín chega ás Festas do Carme mantendo intacta a programación prevista. Iso si, cunha petición engadida por parte da alcaldesa para cumprir coas restricións e evitar a propagación dos contaxios.
As actividades, recorda María Ramallo, xa se deseñaron tendo en conta todos os protocolos sanitarios esixidos polas autoridades.
Deste xeito, mañá ás 12.00 horas arrancará a programación co programa Violencia Zero da Deputación, na Alameda, a cargo da artista Sue Moreno.
As actividades retomaranse ás 20.30 horas coa Charanga Noroeste, que paseará a súa música polas rúas de Marín. Ás 21.00 horas, o Mago Paco fará as delicias dos máis pequenos na Alameda e ás 22.30 horas será o concerto de DVicio no aparcamento da Praza de España.
A partir das 23.00 horas, a animación estará a cargo de Conductores Suicidas, Pop Rock y Café con Leche e Moonsign, na Alameda, Méndez Núñez e Ezequiel Massoni, respectivamente.
O venres, Día do Carme, o pasarrúas de Picuíña comezará pasar polas rúas de Marín a partir das 11.30 horas. Ás 12.00 horas, será a misa na honra da Virxe do Carme co Coro Lembranzas, na igrexa de Santa María do Porto, e ás 13.00 horas haberá un concerto da Banda de Música de Catoira na Alameda. O único que se cancela é a ofrenda floral á Virxe do Carmen e a procesión.
A partir das 19.00 horas, será a quenda da procesión marítimo-terrestre, co acompañamento de Chaneiros. Unha hora e media máis tarde, seguirá Chaneiros de pasarrúas e ás 21.00 horas, será a actuación infantil Tarabelos na Alameda.
Ás 22.30 horas, na Praza de España, actuará a orquestra París de Noia, e desde as 23.00 horas, a animación musical será con Los Coleguitas, Legends e Chroma, en Méndez Núñez, a Praza 8M e Ezequiel Massoni, respectivamente. Para rematar o Día do Carme, ás 00.00 horas haberá unha gran tirada de fogos de artificio.
Relacionadas:
-
RADIO.- Chega unha noite 'Sabinera' máis pontevedresa que nunca
Por Marisa Ciordia |
-
Propoñen como festivos locais en Marín os días das virxes do Carme e do Porto
Por Redacción |
-
As Festas do Carme de Marín, un balón de osíxeno para a economía da comarca
Por Redacción |
-
Expedientan un local de hostalería durante as Festas do Carme por superar "en máis do dobre" o aforo permitido
Por Redacción |
-
Seixo prepárase para as súas festas de verán
Por Redacción |
-
A música de Dvicio anima a véspera do Día do Carme en Marín
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Marín inicia esta fin de semana un amplo programa festivo
Por Redacción |
-
O reparto de entradas para os concertos de DVicio e París de Noia nas Festas do Carme de Marín, a partir deste martes
Por Redacción |
-
Toda a programación das Festas do Carme xa está dispoñible nun clic
Por Redacción |
-
Marín aposta por un verán 'con xeito'
Por Redacción |