Catro meses de obras para dotar a cafetería do Pazo da Cultura de aseos accesibles
Por Redacción
Ata 38.000 euros investirá o Concello de Pontevedra nunhas obras que permitirán que a cafetería do Pazo da Cultura conte con aseos accesibles para persoas con mobilidade reducida.
Trátase dunha actuación que afectará a propia estrutura externa do edificio, pois o habitáculo dos baños ocupará parte da superficie que se estende diante da fachada principal da cafetería, entre esta e o gran cubo que da acceso á sala de exposicións.
As obras comezarán este venres e deberán estar rematadas antes de catro meses.
A creación destes servizos permitiralle ter á cafetería do lugar un espazo de seu, e non depender dos baños do resto do edificio, amais de solucionar os problemas de accesibilidade cos que contaban estes á hora de facer uso deles desde a cafetería.
Aos novos baños só se poderá acceder desde o propio local de restauración.
Na actualidade, a concesión da cafetería non está cuberta, pero a intención do Concello é volver sacala a concurso e que unha nova empresa poida xestionala e traballala.
Relacionadas:
-
A cafetería do Pazo funcionará de xeito autónomo e terá a súa propia actividade cultural
Por Alejandro Espiño |
-
Cambio de proxectores lumínicos e cristais deteriorados no recinto do Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Constrúen novos aseos no Pazo da Cultura antes de licitar de novo o servizo de cafetería
Por Redacción |