Xa se poden recargar coches eléctricos no Hiper Froiz
Por Redacción
Os cargadores de coches eléctricos están a facerse un oco nos aparcamentos pontevedreses. A última empresa en instalar puntos de recarga foi Froiz, concretamente no aparcadoiro do Hiper Froiz, situado entre as rúas Santa Clara e Cobián Roffignac.
En total foron seis puntos de recarga, dous deles de carga estándar e catro de carga ultra rápida (120 kw/hora), o que supón que, en pouco máis de media hora, un vehículo con baterías de alta capacidade (90 kw/hora) estará cargado.
Os conectores son CHAdeMO, CCS e tipo 2-Mennekes.
Froiz tamén contará con persoal especializado para atender aos usuarios e guialos no proceso de recarga de vehículo.
Esta iniciativa únese ás furgonetas de repartición eléctricas implantadas pola empresa coa intención de realizar un traballo máis sostible.
Relacionadas:
-
Coches, bicicletas e patinetes eléctricos repostarán gratis en Portas
Por Redacción |
-
Os coches eléctricos xa se poden cargar no campus universitario
Por Redacción |
-
Por Pontevedra só circulan 52 coches eléctricos
Por Manu Otero |
-
Arde un camión de Froiz na AP-9 á altura de Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
O Gadis da Oliva é o supermercado máis barato de Pontevedra, segundo a OCU
Por Oskar Viéitez |
-
O polígono de Barro suma unha nova empresa e aproba dúas licenzas de construción
Por Redacción |
-
Os traballadores do Hiper Froiz fanse virais cun baile para agradecer aos que loitan fronte á pandemia
Por María José Pita |