![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c6f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61696c8a21-sin-titulo.jpg)
© Concello de Pontevedra
O medio maratón restrinxe o tráfico rodado en varias rúas da cidade este domingo pola mañá
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/296/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61696c6e17-45.jpg)
© Concello de Pontevedra
A celebración do Medio Maratón Cidade de Pontevedra este domingo pola mañá obriga a cortar un bo número de rúas ao tráfico e á Policía Local a poñer en funcionamento un dispositivo especial de mobilidade.
O horario previsto de duración destes cortes será desde as 9 ás 13 horas, salvo nas rúas Alexandre Bóveda e Ponte dos Tirantes, que estarán pechados a partir das 6 da madrugada.
Desde a ponte de Santiago, os condutores só poderán circular en dirección a Marín pola avenida de Uruguai ata a glorieta de San Roque.
Ademais, Alfonso XIII cambiará o sentido de circulación para permitir o tráfico desde Concepción Arenal cara á ponte da Barca ou Paseo de Colón. Na rúa Mestre Mateo só se permitirá a saída desde a zona monumental, comprendida dentro do circuíto, sempre que as condicións da proba o permitan.
Doutra banda, a Avenida de Bos Aires permanecerá pechada en ambos os sentidos no tramo comprendido entre a Ponte dos Tirantes e a das Palabras.
Relacionadas:
-
Manuel Hurtado e Edymar Brea corónanse no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Presentada a XXVI edición dun Medio Maratón de Pontevedra que se aproxima á normalidade
Por Diego Espiño |
-
O Medio Maratón de Pontevedra pecha inscricións rozando o aforo completo
Por Redacción |
-
O Medio Maratón de Pontevedra achégase ao seu límite máximo de rexistrados
Por Redacción |