Cerdedo-Cotobade súmase á xornada de protesta convocada en Galicia pola Coordinadora Eólica Así Non
Por Redacción
O vindeiro sábado 11 de decembro Cerdedo-Cotobade será unha das localidades que acollan unha das accións de protesta convocadas en toda Galicia pola Coordinadora Eólica Así Non, ante a proliferación de proxectos eólicos que afectan especialmente ao rural da comunidade.
Na mobilización convocada en Cerdedo, que terá lugar na Praza do Concello a partir das 11.30 horas, están chamados a participar ademais veciños da Estrada, Forcarei e Beariz.
Estes municipios, aseguran os colectivos convocantes, están a sufrir especialmente unha avalancha de proxectos eólicos con preto dunha trintena de propostas en fase de tramitación: Tramontana, Afrende, Siroco, Rula, Targos, Outeiro Grande, Monte Festeiros, Borreiro, Pedra Longa, Cabanelas, As Penizas, Ampliación As Penizas, Campo das Rosas, Pico Touriñán, Touriñán III-2, Rosa dos Ventos, Porto Vidros, Monte Arca Norte, Nesa Monte Arca Sur, Monte Arca, Monte Xesteiros, Castro Valente, Paraño Oeste, Marcofan, Campos Vellos, Coto Carballal, Dos Cotos, Monte do Pe e Coto Aguado.
Por ese motivo diversos colectivos de Tabeirós, Terra de Montes e Cerdedo-Cotobade (Asociación Alarma na Terra de Montes, Plataforma AsíEólicosNon de Cerdedo-Cotobade, Capitán Gosende, Sindicato Labrego Galego, A.C. Vagalumes, Colectivo Feminista Deza-Tabeirós, SOS Suído Seixo, Rapa das Bestas de Sabucedo e Adega-Vigo) piden á poboación participar nunha protesta "en defensa do noso medio natural, do noso patrimonio, da auga, da economía local e, sobre todo, pola defensa da saúde e da vida dos veciños no rural.
Relacionadas:
-
Cubela e os veciños de Cuíña rexeitan os eólicos e trazarán estratexias contra eles
Por Redacción |
-
Mobilización social en Cotobade fronte ao Parque Eólico dos Cotos
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta promete a máxima cooperación cos concellos "para garantir un desenvolvemento eólico ordenado e sustentable"
Por Redacción |
-
Pontevedra di "non" ao actual modelo eólico de Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Movementos para executar un proxecto eólico no Morrazo pon en alerta ao Concello e aos comuneiros de Marín
Por Redacción |
-
Convocan unha protesta en Pontevedra contra o proxecto de parque eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Mobilización "fronte a actual invasión eólica" no Día das Montañas
Por Oskar Viéitez |