Os estudos epidemiolóxicos en Pontevedra reflicten que os contaxios céntranse nas xuntanzas familiares e de non convivintes
Por Redacción
Segundo os estudos epidemiolóxicos do perfil dos casos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, continúa a observarse que os contaxios seguen a centrarse fundamentalmente no eido das xuntanzas familiares e de non convivintes.
Esta área sanitaria mantén activa a vixilancia COVID nas Unidades de Medicina Interna 2 e Oncoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra, con seguemento a pacientes e persoal en colaboración con estes servizos.
Dende a xerencia aseguran que non se teñen identificados novos casos entre os pacientes de ditas unidades.
As áreas de hospitalización manteñen as súas dependencias en funcionamento, mais coa antedita vixilancia activa de pacientes e profesionais.
A Administración Sanitaria Pública galega reitera de novo á poboación a necesidade permanente de extremar as medidas de prevención xa coñecidas e reiteradamente mencionadas -uso de mascarilla, hixiene de mans e distancia social- para evitar a aparición de novos contaxios.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) trasladou o seu "profundo agradecemento polo extraordinario traballo de equipo e adicación de todos os profesionais da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés na súa tarefa para acadar a contención da pandemia de COVID-19".
Relacionadas:
-
Falece unha muller de 78 anos en Montecelo con covid-19, vítima 213 na área desde o inicio da pandemia
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía, positivo en covid-19
Por Redacción |
-
Os casos activos por covid-19 rozan os dous mil e os hospitalizados soben a 47
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación cancela os seus grandes eventos por "prudencia" ante a incidencia da covid
Por Redacción |
-
As vacinas pediátricas de Pfizer xa están en Galicia e empezarán a inxectarse o mércores
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia recomendará limitar as reunións no nadal a "oito ou dez persoas"
Por Redacción |
-
Douscentos cinco novos contaxios disparan os casos activos por covid-19 a 1.856
Por Alejandro Espiño |