Detido un mozo de 19 anos por agredir aos seus pais, á súa irmá e á súa noiva
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra detivo o pasado 8 de decembro un home de 19 anos de idade por agredir aos seus pais, á súa irmá e á súa noiva.
Segundo a información oficial que traslada a Xefatura da Policía Local, os feitos tiveron lugar sobre as tres da tarde do pasado mércores. Os axentes municipais desprazáronse ata un domicilio particular con motivo dunha presunta agresión dun fillo ao seu pai. Ao chegar, os policías tiveron que separar ao fillo porque se achegaba ao seu pai de forma agresiva.
No interior da vivenda tamén se atopaba a nai, unha filla de 17 anos e a noiva do mozo detido. Segundo manifestaron, a discusión xerouse na cociña mostrándose o detido cada vez máis agresivo, especialmente coa súa irmá, chegando a dicir, "vou coller un coitelo e vouvos matar a todos".
A Policía sinala que, nun momento determinado, a nai tratou de acougar a situación sendo violentamente empuxada polo mozo que conseguiu agredir á súa irmá, menor de idade mentres o pai tentaba separalos.
Ao parecer non era a primeira vez que esta moza sufría estes malos tratos por parte do seu irmán.
Ante estes feitos, os axentes da Policía Local de Pontevedra, procederon á detención do mozo de 19 anos de idade.
Relacionadas:
-
Tres detidos por violencia machista, un deles por encerrar á súa parella para que non saíra soa á rúa
Por Redacción |
-
O 90 % dos homes axuizados por violencia de xénero resultan condenados
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As futuras enfermeiras aprenden claves para detectar casos de violencia machista
Por Redacción |