Cancelan o desfile e os enterros tradicionais do Entroido en Poio
Por Redacción
Os representantes de agrupacións de animación, comparsas e outros colectivos culturais de Poio mantiñan un encontro nas últimas horas coa concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, para decidir a cancelación dos grandes eventos tradicionais da programación do Entroido.
A situación sanitaria, segundo indican desde o Concello, obrigou a tomar esta decisión. As comparsas da contorna xa anunciaran que este ano evitaban a preparación de espectáculos ante a proliferación de casos activos.
Raquel Rodríguez entende que é unha decisión "totalmente comprensible" xa que o contexto sani8 tario non é o máis adecuado para que os integrantes dos colectivos se xunten para elaborar disfraces e organizar ensaios.
Ao encontro no que se adoptaba esta decisión acudían representantes do Ateneo Corredoira de Combarro, a Asociación Cultural Ronsel, Os das Pistas, Batucada os Queimatasas, Os Canecos e as Asociacións veciñais de Lourido, Campelo e Boureante. Previamente, outros colectivos como SCD Samieira, As Sonecas de Campelo, Armardiña, a Comisión de Festas de Campelo e os 100 Tolos xa trasladaran á concelleira a súa decisión de non participar na programación.
Por este motivo non haberá o tradicional desfile polas rúas do municipio. Tampouco se realizarán os enterros do Galo Fodorico, o Galo Bruxo, o Mexillón e o Berberecho.
A concelleira sinala que se traballará na organización de propostas alternativas e seguras desde o punto de vista sanitario, nun marco familiar que permita manter vivo o espírito destas festas. Con esta decisión, o Concello de Poio sumará dous anos sen realizar actividades de Entroido masivas, como sucedía antes da pandemia. En 2021 organizáronse propostas telemáticas que "resultaron todo un éxito de participación", segundo indicaba Raquel Rodríguez.
Relacionadas:
-
Poio recuperará o seu Entroido tradicional e o desfile, que sairá de Campelo, aumentará os premios
Por Redacción |
-
Diversión dominical en Poio, porque 'Seica na Seca... Hai Entroido!'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Imaxes dos Entroidos pasados adornan os establecementos de Poio
Por Redacción |
-
Un Entroido diferente en Poio para adaptarse á situación sanitaria
Por Redacción |
-
O tecido social de Poio amosa a súa vitalidade
Por Redacción |
-
O Entroido de Vilagarcía recupera o desfile de disfraces pero perde o certame de comparsas e o baile infantil
Por Redacción |
-
Suspenden a Festa do lacón con grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
Suspendido o Enterro da Sardiña de Marín
Por Redacción |
-
O TSXG autoriza á Xunta a prorrogar a prohibición de reunións entre as 3.00 e as 6.00 durante as fins de semana
Por Redacción |