Limpan o ámbito do balneario días antes de presentar o proxecto da estación termal
Por Redacción
Ponte Caldelas ultima os detalles do proxecto da estación termal que se construirá nos terreos do vello balneario. Será presentado nos próximos días, pero antes o goberno municipal quixo arrombar a estrada de acceso e a finca na que se atopa.
Así, no interior da finca rozouse con tractores a maleza e as especies invasoras que se acumulaban, sobre todo mimosa, e que asoballaban o terreo. En canto á estrada do balneario, cortáronse as mimosas que medraban sobre a marxe esquerda da estrada.
A estación termal, que Ponte Caldelas quere financiar con fondos europeos, será un edificio "sostible, eficiente, integrado no entorno e moi fermoso", segundo o alcalde.
Andrés Díaz defende que "petarei en todas as portas e non pararei ata conseguir que Ponte Caldelas recupere o prestixio termal que nunca debeu perder".
O proxecto, engadiu o rexedor, será "modesto e respectuoso cos valores naturais" do ámbito no que se atopa e, ao mesmo tempo, o "impulso turístico" que precisa o municipio.
"Será un gran potencial en todos os eidos para Ponte Caldelas, un espazo clave para o futuro turístico e económico do noso pobo", avanzou Díaz.
Relacionadas:
-
O Goberno compromete axuda económica para o futuro balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
As augas dos dous mananciais termais de Ponte Caldelas superan os 32 graos
Por Redacción |
-
A Estación Termal de Ponte Caldelas pronto será unha realidade: "É un empeño persoal meu e non pararei ata conseguilo"
Por Redacción |
-
A Estrada do Balneario de Ponte Caldelas loce a súa nova imaxe
Por Redacción |
-
Dúas das imaxes 'desaparecidas' da Capela do Balneario volven a casa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas asfaltará varios viais municipais e o PP reclama máis
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz confirma que optará á reelección en 2023 como alcalde de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
25 árbores para a reformada Estrada do Balneario
Por Redacción |