A Bouza estrea nova imaxe coa mellora da súa pavimentación e canalizacións
Por Redacción
Unha zona da Bouza renovada, con mellor pavimento e unha mellora na súa canalización. Ese é o resultado das obras que se estiveron levando a cabo nestes últimos tempos neste lugar da parroquia de Rebón, onde se investiron 48.300 euros.
O alcalde, José Cela, e o concelleiro de Obras, Manuel Ruibal, visitaron recentemente a finalización da obra, acompañados de veciños, para comprobar o resultado final da intervención.
O proxecto supuxo a pavimentación de todo o vial, cunha extensión de 694 metros, no que se limparon todas as cunetas das marxes, sobre a que se reasfaltou cunha capa de MBC de 5 centímetros de espesor medio.
Pero é que ademais, no tramo central do núcleo levouse a cabo unha canalización de augas pluviais, coa instalación dunha tubería de saneamento de PVC de 315 milímetros de diámetro. A rede que se instalou foi de 128 metros e suporá unha mellora sustancial da rede municipal nesta zona.
“Con estas intervencións, melloramos non só a estética, senón tamén a funcionalidade dos nosos servizos públicos. Desde agora, os veciños da Bouza teñen á súa disposición un vial renovado, máis cómodo e seguro e cun servizo de saneamento funcional”, explicou o rexedor.
Esta obra fíxose gracias á cofinanciamento da Xunta de Galicia e non será a única que se levará a cabo na parroquia de Rebón. De feito, está prevista a execución dun importante proxecto de pavimentación entre Rebón de Arriba e nun tramo da Pasada. Neste caso, a inversión ascenderá a máis de 100.000 euros e farase con cargo ao Plan Concellos.
Relacionadas:
-
Máis de 100.000 euros para mellorar o estado e a funcionalidade dun camiño en Rebón, Moraña
Por Redacción |
-
Mellora de pavimentacións na parroquia de Lamas, en Moraña, para aumentar a seguridade viaria
Por Redacción |
-
Renovación das beirarrúas entre o Concello de Moraña e a Carballeira de Santa Lucía
Por Redacción |