O Concurso de Murgas redúcese a dous días ao contar con só catro agrupacións inscritas
Por Redacción
Despois dun ano de silencio pola pandemia, a soa celebración do tradicional Concurso de Murgas é xa un éxito dentro da programación do Entroido, aínda que terá lugar cun formato máis reducido do habitual.
Pechado o período de inscrición con só catro agrupacións anotadas, o Concello de Pontevedra decidiu reducir de tres a dúas as xornadas de Murgas.
Desta forma a XXX edición do divertido certame pasará a contar cunha primeira xornada este luns 28 de febreiro e repetirá só o xoves 3 de marzo coa gran final, en ambos os dous casos a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura.
Segundo confirmou o Concello, a orde de actuación das dúas xornadas será o seguinte:
- Luns 28 de febreiro: Val do Lérez - Murga do Naveiro. Sempre positivos nunca negativos - Los PTV - Equipo Ja.
- Xoves 3 de marzo (final): Val do Lérez - Los PTV - Murga do Naveiro. Sempre positivos nunca negativos - Equipo Ja.
A entrada para presenciar o XXX Concurso de Murgas será como de costume de balde ata completar o aforo dispoñible no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- 'Equipo Ja' vence na final do XXX Certame de Murgas
Por Redacción |
-
O Burla Negra tamén piratea de día e con tempo desapracible
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Santa Clara e o Benidorm Fest triunfan no divertido regreso do Concurso de Murgas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres doses da vacina para un Ravachol que non quere perder "nin un Entroido máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Entroido de Pontevedra vívese nas súas rúas con obradoiros infantís e charangas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- 'Equipo Ja' celebra co seu pregón o regreso dun Entroido que "é máis necesario do que cremos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Urco, rei do Entroido, volverá o 25 de febreiro a insuflar festa e tradición nas rúas pontevedresas
Por Redacción |
-
Só as murgas e Ravachol se salvan do tradicional Entroido pontevedrés
Por Alejandro Espiño |