A marcha solidaria contra a leucemia volverá tinguir de vermello Pontevedra
Por Redacción
O domingo 5 de xuño a praza da Peregrina volverá tinguirse de vermello solidario. Será, unha vez máis, a meta da marcha solidaria 700 camisetas contra a leucemia que organiza a asociación FRANGIL e chega este ano á súa 13 edición repetindo o percorrido Vigo-Pontevedra.
As inscricións levan un mes abertas e a partir deste sábado día 16 de abril cambiarán o seu prezo, pasando a custar 20 euros.
Todas as persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 30 de maio a través da seguinte ligazón: https://www.inscribirme.com/edit/13amarchasolidaria700camisetascontralaleucemia
Máis de 200 persoas xa formalizaron a súa inscrición e realizarán camiñando, correndo ou en vehículos adaptados (para persoas con diversidade funcional dos colectivos de Discamino e Rodando) os 36 quilómetros que separan o centro comercial A Laxe, en Vigo, de Pontevedra.
Esta marcha busca sensibilizar á poboación sobre a necesidade de que aparezan novos rexistros de doantes de medula ósea. En Galicia hai 15.000 rexistros e en España, máis de 450.000.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, os participantes terán unha camiseta conmemorativa e unha mochila e terán cinco puntos para abastecemento durante o percorrido e unha zona de masaxe na chegada de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia' di adeus: abre as inscricións para a súa última edición
Por Natalia Puga |
-
Unha carreira para concienciar aos máis pequenos sobre a leucemia
Por Redacción |
-
Chega a Pontevedra a "Volta a Galicia 700" convocada pola Asociación FranGil contra a leucemia para promover a doazón
Por Redacción |
-
Máis de 500 persoas participan na marcha solidaria "700 camisetas contra a leucemia"
Por Redacción |
-
A marcha "700 camisetas contra a leucemia" unirá este domingo Vigo e Pontevedra
Por Redacción |