Vilaboa presentará o día 21 os resultados do estudo de realidade aumentada das Salinas do Ulló
Por Redacción
A Casa de Cultura de Riomaior acollerá o vindeiro 21 de outubro a presentación dos resultados do proxecto das Salinas do Ulló e Larache, financiado con fondos europeos a través do GALP Ría de Vigo-A Guarda.
Esta iniciativa contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
O proxecto foi anunciado fai un ano desde a Concellalía de Promoción Económica, que dirixe Carmen Gallego, e contou co respaldo de todo o tecido social de Vilaboa: os colexios de Riomaior e O Toural, a confraría de pescadores de Vilaboa, a Asociación pro Salinas, a comunidade de montes e ata o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
O acto de presentación do día 21 de outubro comezará a partir das 18:00 horas, e nel estará presente o equipo multidisciplinar que levou a cabo a investigación ambiental, histórica e patrimonial formado por expertos en arqueoloxía, bioloxía, historia e investigadores do CSIC. Presentarán a web que recolle os detalles deste estudo e realidade aumentada que estará a disposición das persoas que visiten As Salinas a partir de agora.
César Poza, alcalde de Vilaboa, convida a toda a veciñanza a asistir e informarse destes recursos novidosos que "terán unha positiva repercusión no desenvolvemento turístico do municipio desde a perspectiva da sustentabilidade". Tamén convida á comunidade educativa, xa que "contará a partir de agora cun novo recurso pedagóxico que contribuirá a vencellar ao alumnado cun entorno natural de especial valor para Vilaboa".
Con esta iniciativa, Vilaboa gañará en promoción turística, cultural e ambiental deste espazo, no que incluirán tamén a renovación da sinalización de todo o entorno.
Relacionadas:
-
O sendeiro das Salinas do Ulló ampliarase ata a Cancela do Lobo
Por Redacción |
-
Así foron os resultados das eleccións nas confrarías
Por Oskar Viéitez |
-
Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vencelladas ás Salinas do Ulló
Por Redacción |
-
Vilaboa explota o interese turístico das Salinas do Ulló con visitas guiada en agosto
Por Redacción |
-
Vilaboa proponlle a Costas un paseo litoral entre as Salinas e o Forno da Cal
Por Redacción |
-
Un código QR recreará a actividade e as instalacións das Salinas do Ulló
Por Redacción |