Luz verde á ampliación do cemiterio municipal de Poio
Por Redacción
A Comisión de Urbanismo do Concello de Poio abordará o próximo martes o proxecto da ampliación do cemiterio, asemade a Xunta de Goberno Local aprobará os pliegos que recollen as condicións para proceder á licitación. "Imos facer realidade a ampliación do camposanto municipal", afirma o alcalde, Luciano Sobral.
O Concello de Poio ten previsto un investimento de 450.000 euros, que corresponden ao Remanente de Tesourería resultante da liquidación do Orzamento de 2021.
Tal e como recorda o alcalde Luciano Sobral, o proxecto xa contaba cos pertinentes informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio, así como de Sanidade e de Medio Ambiente. "Actualmente xa están redactados os pregos de condicións e, co cal unha vez deamos conta nos órganos pertinentes imos iniciar o proceso de licitación", sinala Sobral, que lembra que a ampliación servirá para que cemiterio municipal pase a contar con preto de medio millar de nichos a maiores.
Parte do investimento destinarase á realización da conexión coas redes de servizos básicos, así como á ampliación do vial. Hai que lembrar que o Concello de Poio adquiriu no seu día tres parcelas situadas nas proximidades do camposanto, a fin de poder acometer a ampliación.
Os obxectivos desta actuación son ampliar o número de nichos, mellorar os servizos funerarios complementarios e dotar ás instalacións de novas prazas para estacionar, entre outras novidades.
Procederáse a habilitar zonas verdes, que facilitarán a retención de auga e disminuirán "posibles efectos de la erosión". Outro aspecto que destaca o informe técnico é que o PEID cumple coa normativa vixente. Ademais, o Concello comprométese a levar a cabo controis periódicos para detectar posibles impactos medioambientais non previstos.
Ademais, a valoración económica cifra en 210.000 euros o orzamento necesario para desenvolver o plan. O 12% desta cantidade (uns 37.000 euros) destinarase á conexión coas redes e servizos e á ampliación do vial.
Se todo transcorre con normalidade, podería impulsar a contratación dos traballos para que a adxudicación quedase lista antes de que finalice 2022.
Relacionadas:
-
Inicio das obras para urbanizar a parcela onde se ampliará o cemiterio municipal
Por Redacción |
-
Adxudican a obra para a ampliación do cemiterio municipal de San Xoán de Poio
Por Redacción |
-
O pleno de Poio aproba por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal do servizo de cemiterio
Por Oskar Viéitez |
-
A ampliación dotará ao cemiterio de San Xoan de medio millar de nichos máis
Por Redacción |