A Boa Vila compra flores para Defuntos
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Fiel á súa cita de cada 30 de outubro a Praza da Ferrería acolle os postos de venda das flores que adornarán os cemiterios polo Día de Defuntos. A tradicional cita atrae a moitos pontevedreses.
Desde primeira hora da mañá, sen esquecerse do cambio de hora, instaláronse os postos nos espazos marcados de madrugada. Son moitos menos que noutras ocasións, lonxe dos espazos que ofrecera o Concello para habilitar ata 40 postos.
Os prezos tamén se viron afectados pola inflación, especialmente a flor de importación procedente de países como Holanda, Colombia ou Ecuador. Así, o centro con orquídeas custa 30 euros e a rosa está a 2,5 euros a unidade grade e 2 a pequena.
Tamén se encareceu o produto local como o crisantemo a 1,20 euros a unidade e o ramallete pequeno de margaridas sae a seis euros.
Relacionadas:
-
Operativo de tráfico para os camposantos pontevedreses
Por Redacción |
-
Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín celebran o Día de Defuntos no Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
O mercado das flores permanecerá aberto do 28 de outubro ao 1 de novembro en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Agárdanse 3.000 almas aterradoras no Samaín da Finca de Briz
Por Redacción |