Vilaboa recupera este venres a Feira de San Martiño
Por Redacción
Vilaboa recupera este venres a Feira de San Martiño logo do paréntese dos últimos anos e faino coa instalación dunha carpa no adro das festas de Vilaboa que abrirá ás 11 da mañá con postos de artesanía e de comida, así como actividades de corte familiar que animen a pasar un día diferente. Unha programación que o Concello leva a cabo grazas á colaboración da Comisión de Festas de Vilaboa e a Asociación da Mocidade.
O calendario de actividades arranca ás 12 da mañá cun espectáculo cheo de maxia e de teatro de rúa. Ghop! un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes, no que os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, divertirán ao público con malabares, monicreques, acrobacias e maxia pero sobre todo coa colaboración dos asistentes.
Ás 13 horas comezará o taller infantil de decoración de calacús. Os participantes so teñen que levar da casa o seu calacú e deixar renda solta á súa capacidade creativa.
A programación continúa cunha demostración de cociña en vivo ás 14 horas que achegará formas diferentes de traballar gastronómicamente con produtos típicos desta época e que están nas hortas de moitas familias de Vilaboa.
Despois do xantar a carpa volve animarse con xogos populares a partir das 16 horas, un momento en que nenos e maiores podrán a proba a súa destreza para tirar o trompo e compartirán o seu dominio das diferentes técnicas para facelo bailar.
Ás 18.30 horas haberá un magosto cunha degustación gratuita que estará amenizada pola actuación musical de Aires de Cobres.
De xeito paralelo, en varios turnos de 60 minutos que van desde as 15 ás 21 horas, a Asociación de Mocidade organiza un Scape Room no edificio da Casa Consistorial pensado para maiores de 6 anos e para grupos de máximo 25 participantes cun coste de 12 euros. Os interesados poden inscribirse previamente a través do mail reservaslucusescaperoom@gmail.com
A concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, convida a toda a veciñanza a participar nesta edición renovada da Feira de San Martiño, antaño un punto de encontro indiscutible para todo o municipio.
Relacionadas:
-
Castañas a mancheas para os tres magostos simultáneos deste sábado en Vilaboa
Por Redacción |
-
Vilaboa adianta a Festa do Mar a abril e a Festa do Viño a maio
Por Redacción |
-
Fenosa destina 168.000 euros á construción dun novo transformador e unha liña subterránea en Vilaboa
Por Redacción |
-
545.903 euros van destinarse a aumentar a rede de saneamento ao 90% de Vilaboa
Por Redacción |
-
Vilaboa convoca por segundo ano un concurso de decoración do Nadal
Por Redacción |