A infantería celebra a festividade da patroa no cuartel militar de Figueirido
Por Redacción
8 de decembro, día da Inmaculada Concepción, e a Brigada Galicia VII - BRILAT - celebraba, como é tradicional, a parada militar en honra á Patroa da arma de Infantería, Estado Maior e Corpo Eclesiástico na base Xeneral Morillo de Figueirido.
O acto militar foi presidido polo tenente xeral Luís Cebrián Carbonell, actual director xeral de Infraestrutura do Ministerio de Defensa e que entre o 2014 e 2017 exerceu como xefe da BRILAT. Neste acto acompañáballe o xeneral Luís Cortés Delgado, xefe da Brigada e diversas autoridades do ámbito civil e militar.
Homes e mulleres do Rexemento de Infantería Isabel a Católica 29 formaron no patio de armas do cuartel ao mando do coronel Carlos Augado Valladares. Este rexemento celebra neste 2022 o 150 aniversario do seu nacemento.
Durante o evento impuxéronse condecoracións e desenvolveuse a habitual homenaxe a aqueles que deron a súa vida por España. Tamén se realizou un desfile a pé e un desfile motorizado cos vehículos do rexemento. Neste acto lémbrase tamén a Batalla de Empel co denominado "Milagre do Empel", lenda na que se narra como un soldado atopou unha imaxe da Inmaculada Concepción, e tras os rezos do exército, conxelouse o río Mosa permitindo o avance das tropas.
A festividade tamén foi celebrada polo Rexemento Príncipe 3, a outra unidade de infantería pertencente á BRILAT, con sede no Acuartelamento Cabo Noval de Siero, no Principado de Asturias. Nas últimas horas, esta formación recibía a Medalla de Ouro do Concello de Siero en recoñecemento do seu labor cara á sociedade.
Relacionadas:
-
A Brilat desprega o seu armamento pesado en Figueirido
Por Oskar Viéitez |
-
Defensa inicia un novo proceso selectivo que inclúe 70 prazas na Brilat
Por Redacción |
-
Chegan os últimos militares da Brilat de misión en Mali
Por Oskar Viéitez |
-
Expertos nacionais e internacionais en defensa e seguridade daranse cita na Brilat
Por Redacción |
-
Defensa e a Universidade "amplían horizontes" para afondar na súa colaboración
Por Redacción |
-
Piden a apertura das instalacións deportivas militares de Campolongo a toda a cidadanía
Por Redacción |