Recadan máis de 150 quilos e 400 xoguetes na campaña solidaria da comunidade escolar do CEIP de Ponte Sampaio
Por Redacción
A nova directiva do ANPA Virxe do Carme logrou un éxito de participación na recollida de xoguetes e de alimentos durante estas festas para axudar ás familias máis vulnerables.
O alumnado e o profesorado do CEIP de Ponte Sampaio lograba máis de 150 quilos e de 400 xoguetes nunha campaña solidaria de vinte días. Agora serán doados á Asociación Boa Vida e ao Banco de Alimentos de Monte Porreiro.
Os 128 estudantes e de 18 profesores participaron nesta iniciativa solidaria co fin de axudar a pasar unhas mellores festas. Desde a ANPA agradecen a colaboración do centro e do alumnado e familias para apoiar ás familias máis vulnerables de Pontevedra e de Monte Porreiro.
O Banco de Alimentos de Monte Porreiro presta atención a 150 familias, cincocentas persoas entre as que se atopan máis de 110 menores, con menos de once anos. Carlos Diéguez, presidente desta entidade, agradece esta doazón e lembra que hai familias que antes da pandemia estaban a traballar e agora "están sen nada".
Desde Boa Vida tamén recoñecen a importancia desta acción que se suma á campaña que emprenderon durante estes días, coa intención de lograr 6.000 xoguetes para que ningún escolar quede sen o seu agasallo neste Nadal.
Desde o ANPA Virxe do Carme, que se uniu a esta iniciativa, tamén piden á cidadanía que doen xoguetes usados e en bo estado a este colectivo que axuda á inserción laboral de persoas necesitadas. Boa Vida permite ás familias con pouco recursos adquirir eses xoguetes a moi baixo prezo, con descontos de ata o 95% do seu valor no mercado actual.
Relacionadas:
-
Piden voluntarios para a Gran Recollida do Banco de Alimentos, que augura que 2024 será "moi complicado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rouban a furgoneta do Banco de Alimentos de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Entrega de xoguetes e lotes de roupa na inauguración da nova sede de Boa Vida
Por Redacción |
-
'Xoguetes e agasallos reciclados para un mundo máis sostible' na campaña de Nadal de Boa Vida
Por Redacción |
-
Boa Vida celebra dez anos loitando "contra a pobreza e a exclusión social"
Por Redacción |