Lores sostén que o Provincial non debe perder no futuro o seu uso sociosanitario
Por Alejandro Espiño
Ao alcalde de Pontevedra non lle gusta a formulación, esbozada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, de que o Hospital Provincial acabe destinándose a usos educativos cando terminen as obras de ampliación de Montecelo.
"Nós consideramos que debería ter un uso sociosanitario", sostivo este mércores Miguel Anxo Fernández Lores, ante a posibilidade de que o histórico inmoble poida albergar no futuro algunha das facultades universitarias ou mesmo unha residencia de estudantes.
O rexedor pontevedrés lembra que un dos grandes problemas asociados ao envellecemento poboacional é que Pontevedra carece actualmente dun hospital que atenda a pacientes crónicos, que non sempre teñen cama dispoñible nos hospitais para agudos.
Fernández Lores considera que o Provincial, que xa está habilitado como hospital, sería o lugar máis adecuado para atender a persoas "que non poden estar na casa porque non teñen quen os atendan ou porque necesitan duns coidados que os seus non lles poden dar".
Ademais, lembrou que estes pacientes crónicos tampouco poden ir a residencias públicas ou privadas, xa que "non son centros asistidos", nin ocupar camas nos hospitais de agudos porque o prezo da habitación "é moito máis caro".
Esta proposta, segundo explicou o alcalde, xa foi trasladada ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión que ambos mantiveron hai meses en Pontevedra. "Dixo que primeiro ían acabar o hospital e despois falaríamos", subliñou.
"Esa é a única información que teño", asegurou Lores, que desdeñou o que considera promesas electorais ou "falar sen ter nada en concreto".
Relacionadas:
-
O PSOE aposta por manter a Escola de Enfermería no Hospital Provincial e converter o antigo asilo en residencia de estudantes
Por Natalia Puga |
-
BNG e PSOE reclamarán á Xunta manter o uso sociosanitario do Hospital Provincial
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Podemos propón que o Hospital Provincial siga ofrecendo servizos sanitarios
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Rafa Domínguez propón converter a antigo asilo de Loureiro Crespo nun centro sociosanitario
Por Almu Dapena |
-
A Universidade planificará nos próximos dous anos os usos que proxectaría darlle ao Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
A Universidade de Vigo quere dotar o campus de Pontevedra dunha residencia estudantil e estudará as posibilidades do Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez propón que o Hospital Provincial se destine a usos universitarios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |