Novas formacións, xuntanzas temáticas e campañas promocionais para consolidar a Poio como destino sostible
Por Redacción
Xuntanzas temáticas, formacións gratuítas e iniciativas para dar visibilidade e reforzar a imaxe do municipio como destino de referencia máis alá da tempada estival son algunhas das iniciativas e accións que formarán parte da segunda edición do programa "Descubre Poio".
A tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Silvia Díaz, mantivo esta semana unha reunión con profesionais do sector para trasladarlles os contidos dunha programación que, tal e como lembra a propia Díaz, "xa na súa primeira edición tivo unha gran acollida".
No encontro, que se desenvolveu no local de As Curuxas, Silvia Díaz explicou ás persoas participantes que "o II Descubre Poio contará con xuntanzas mensuais nas que se porán en común as propostas e iniciativas do sector e do departamento de turismo".
Estas reunións terán lugar no Casal de Ferreirós e en establecementos participantes, como foi o caso de As Curuxas para esta primeira reunión de 2023.
Por último, Silvia Díaz confirma o lanzamento dunha nova promoción de Poio como destino turístico, "Sete días para descubrir Poio". Trátase dunha campaña que se difundirá a través das redes sociais, con información, imaxes e diverso material audiovisual.
Relacionadas:
-
O programa 'Descubre Poio' afondou na utilidade e eficacia das redes sociais
Por Redacción |
-
Haberá segunda edición do programa Descubre Poio destinado ao sector turístico
Por Redacción |
-
Profesionais do sector turístico visitan Tambo
Por Redacción |
-
O sector turístico cre necesario promocionar o Monte Castrove e as rutas de sendeirismo de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Avanza a creación do novo mapa turístico de Poio
Por Redacción |