A Brilat incorpórase á Misión de Asistencia Militar da Unión Europea en Apoio a Ucraína
Por Oskar Viéitez
A Brigada Lixeira Aerotransportable (BRILAT), o Terzo de Armada (TEAR) e a Brigada da Lexión (BRILEG) incorpóranse á Misión de Asistencia Militar da Unión Europea en Apoio a Ucraína.
O compromiso internacional demostrado por España no marco da Operación de Asistencia Militar a Ucraína segue crecendo, tanto en calidade como en cantidade.
Nos próximos días está previsto comezar a impartir novos cursos en novas Unidades, o que supoñerá estar a instruír de modo simultáneo a máis de 500 militares ucraínos en dez cursos en seis localidades distintas.
Mentres, continúase a formación do anterior continxente en Zaragoza e Toledo en capacidades específicas de combate e apoio ao combate, e recibirase a un novo continxente para continuar a formación de recrutas en Toledo.
Pola súa banda, a Armada (Terzo de Armada de Infantería de Mariña) impartirá un módulo de instrución de recrutas nas instalacións da Base de San Fernando e o Centro de Manobras e Tiro (CMT) do “RETIN” na provincia de Cádiz.
A este esforzo unirase a Brigada da Lexión e a Brigada Lixeira Aerotransportable, para contribuír á formación dos mandos das tropas ucraínas en diferentes facetas do combate.
Así mesmo, o Rexemento de Enxeñeiros nº1 (RING 1) e o Rexemento de Artillería Antiaérea nº74 (RAA74) recibirán persoal nas súas instalacións de Castrillo del Val (Burgos) e Sevilla para a formación de zapadores e dotacións do sistema antiaéreo HAWK.
A ministra de Defensa. Margarita Robles explicou que "el esfuerzo de la sociedad española, expresado en el trabajo de las Fuerzas Armadas Españolas, no puede más que corresponder a la lección de dignidad y valor que están dando al mundo entero en defensa de la fuerza de la razón, de los principios y de la búsqueda de la paz", como manifestou no acto celebrado na Academia de Toledo o pasado 24 de febreiro de 2023.
Relacionadas:
-
A Brilat poñerá en práctica a súa capacidade de despregamento e repregamento loxístico en Eslovaquia
Por Natalia Puga |
-
Exhibición de material da Brilat na Alameda de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Xuño ofrecerá diversas exhibicións militares con motivo do aniversario da Brilat e da celebración do Día das Forzas Armadas
Por Redacción |
-
O Ministerio de Defensa recruta en Pontevedra a 74 aspirantes para a escala de Tropa e Mariñeiría
Por Redacción |
-
A misión de Pawel Napierala: Salvar a arte ucraína das balas e as bombas
Por Oskar Viéitez |
-
Xeneral Pardo de Santayana: "A incerteza pode ser o onde e o cando podemos despregar, pero o resto témolo claro, preparación"
Por Natalia Puga |
-
O xeneral Alfonso Pardo de Santayana, regreso á casa cos máximos galóns e o reto de que a Brilat "siga sendo magnífica"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat encara 2023 co reto de preparar a 1.500 militares na nova iniciativa NRI da OTAN
Por Natalia Puga |