Reabren a estrada do Muíño tras reparar o burato que apareceu na vía
Por Redacción
Desde este mércores volve a estar aberta ao tráfico a estrada provincial EP-0603, entre O Muíño e Campañó, en Poio. Tivo que estar pechada tres días para arranxar o burato que apareceu na calzada e que obrigou a cortar a circulación por motivos de seguridade.
A incidencia rexistrouse á altura do quilómetro 0+200 e foi resolto por operarios dos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, titular desta infraestrutura.
As brigadas traballaron para a reparación desta avaría, coa apertura transversal no punto da rotura e a substitución da vella canle de drenaxe de pedra existente por unha estrutura prefabricada e con sección suficiente, que agora canaliza as augas pluviais.
As obras completáronse coa restauración do firme, que é provisional, xa que a Deputación ten aberto un expediente de contratación para asfaltar este tramo da EP-0603.
Relacionadas:
-
Supervisan a reparación do firme da estrada do Muíño
Por Redacción |
-
O rebentón dunha tubaxe provoca unha inundación na rúa Joaquín Costa
Por Redacción |
-
Inician a reparación da estrada do Muíño, afundida polos desperfectos da estrutura de drenaxe
Por Redacción |
-
Cortan unha estrada de Poio ao afundirse parte da calzada
Por Redacción |