Aberto o prazo de inscrición para o LXX Concurso de Maios e Embarcacións do Ateneo
Como cada ano, o vindeiro día 1 de maio terá lugar o clásico Concurso de Maios e Embarcacións de Marín, no que poderán participar todos os centros escolares, asociacións e demais colectivos do concello e bisbarra mediante previa inscrición.
A tradicional celebración, organizada por Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín, constará dunha exhibición e dun concurso que terán lugar, respectivamente, ás 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro e ás 17:00 horas na Praza do Reloxo. Todos os participantes terán que presentarse en ambas as dúas localizacións.
Aqueles grupos que se animen a intervir, deberán achegarse á secretaría do Ateneo antes das 20:00 horas do día 27 de abril para facer a inscrición no concurso, á que haberá que axuntar a maiores oito copias da letra coa que vaian participar.
Terase en conta a construción e a coroa dos maios e das embarcacións, así como a letra das coplas, que deberán estar en galego. A interpretación, constará de catro estrofas e a última, na que se porá en valor a recuperación dalgunha melodía tradicional.
Ademais da típica rosca e o chocolate, todos os participantes serán compensados cunha axuda polo feito de participar.
Relacionadas:
-
O Barco San Narciso e o Maio San Xulián obteñen os principais premios do Concurso en Marín
Por Redacción |
-
Abre a convocatoria do IX Concurso de Relato Curto 'Marín Conta'
Por Álvaro Arosa Barco |
-
8M | Reivindicar o papel das mulleres, eixe dos actos conmemorativos no campus pontevedrés
Por Redacción |
-
Marín chora na despedida á súa sardiña, antesala á fin do Entroido
Por Redacción |