As Rías Baixas 'conquistan' o Metro de Madrid
Por Redacción
Viquingos de Catoira, madamas e galáns de Cobres, cabalos de Sabucedo ou os paisaxes das Rías Baixas mudáronse a Madrid. Son os protagonistas da campaña promocional que decora o vestíbulo de entrada de Nuevos Ministerios, unha das estacións do Metro máis utilizadas.
Esta estación, situada en plena Castellana, a principal zona comercial e financeira da capital, encheuse da cor e das emocións e tradicións únicas da provincia de Pontevedra. Esta acción forma parte da campaña Orixe, impulsada por Turismo Rías Baixas.
Buscan así reforzar un dos mercados que máis visitantes reporta ás Rías Baixas.
Paredes, barandillas, columnas e alfombras de vinilo no chan da estación visten as imaxes da campaña, dando a coñecer as tradicións e o patrimonio inmaterial, protagonista este ano da promoción turística do organismo provincial.
Carmela Silva, acompañada da deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, percorreu as instalacións desta estación de Metro e destacou que, en só un mes, "máis dun millón de persoas coñeceron xa a nosa campaña"
"A campaña é unha beleza porque mostra a ampla oferta da provincia e como o territorio marca a nosa personalidade e a nosa cultura, un destino máxico no que vivir experiencias únicas todo o ano para desfrutar da nosa cultura, paisaxes, gastronomía e xente", subliñou Silva.
Relacionadas:
-
Novo premio para unha campaña de Turismo Rías Baixas, esta vez en Cannes
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas estima unha ocupación para a Semana Santa do 68%
Por Oskar Viéitez |
-
14 tótems na provincia xa proporcionan información turística en tempo real
Por Redacción |
-
FITUR absorbe o orgullo da provincia de Pontevedra con 'Orixe Rías Baixas'
Por Redacción |
-
Rías Baixas apela á súa orixe e ás súas raíces para "emocionar e sorprender" en FITUR 2023
Por Alejandro Espiño |