Persoal do Cemma estuda o corpo dunha balea varada na Illa de Arousa
Por Redacción
Membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) desprazaronse este xoves ata O Cabodeiro, na Illa de Arousa, para realizar a autopsia da balea falecida que hai uns días varou no Carreirón.
O persoal de Cemma ten previsto realizar un estudo minucioso do animal para determinar as causas que provocaron a súa morte á vez que tratarán de determinar cuestións como si podería tratarse do mesmo animal que hai varios anos foi avistado nadando cerca do porto da Illa, recolléndose naquel momento imaxes da balea que agora servirán para establecer unha comparativa.
Todo este proceso é seguido de cerca pola concelleira de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, que estivo pendente tamén do traslado do animal desde O Carreirón, onde varou, ata O Cabodeiro, onde permanece amarrado.
Trátase dunha femia nova de máis de 4 metros de lonxitude e unha tonelada de peso. Dimensións que complicaban o seu traslado desde O Carreirón, xa que tería sido preciso utilizar maquinaria pesada nunha contorna protexida. Por iso, Gabriele von Hundelshausen agradece a implicación da Confraría de Pescadores e de mariñeiros particulares que utilizaron as súas embarcacións para, unha vez atado o corpo do animal, proceder ao seu traslado por mar.
Unha vez rematadas as análises por parte do personal de Cemma, será a Consellería de Medio Ambiente quen se encargue de trasladalo a un centro axeitado para a súa incineración.
Gabriele von Hundelshausen explica que ao longo do ano o Concello ten que facer fronte ao varado dalgúns cetáceos nas súas costas. “Normalmente son golfiños novos, de menor volume, e ainda así son un problema serio para un Concello como o noso, cos recursos escasos”. Nestes casos, o primeiro que fai o Concello "é avisar á Cemma para que teña constancia da aparición do corpo e despois, en función das dimensións, organizamos nós a retirada ou avisamos á Consellería. Urxe retiralos porque eses corpos en descomposición producen un cheiro inesquecible", confesa a concelleira.
Neste sentido destaca o labor que fan desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamímeros Mariños, unha ONG galega fundada en 1992, que ademáis da colaboración nos varados, a xestión do banco de mostras destas especies ou a recuperación de animais danados, organiza cursos para voluntarios, formando á poboación no coñecemento e respeto polos cetáceos.
Relacionadas:
-
Máis de 40 exemplares de cetáceos varados a finais de decembro na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
Avistan baleas na desembocadura da ría de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Morre unha balea que quedou varada no porto de Combarro
Por Redacción |
-
Aparece morta na praia de Paxariñas unha cría de cetáceo
Por Redacción |
-
As orcas que atacaron veleiros en Galicia fixérono tras un incidente cun barco no Estreito
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Avistada unha manda de candorcas nas Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |