Preacordo no metal para evitar a folga indefinida
Por Redacción
A última hora do luns, despois de máis de dez horas de reunión, alcanzábase un preacordo entre os representantes sindicais de CCOO, CIG e UGT coa patronal, que levaba a unha desconvocatoria da folga indefinida prevista a partir deste martes 18 de xullo.
Agora, serán as asembleas de traballadores quen deberá estudar o documento e referendalo para evitar a continuación dun conflito laboral que sumou seis xornadas de folga durante as últimas semanas na provincia.
Entre os puntos que se estableceron neste preacordo estableceuse un aumento dos salarios do 9% en tres anos, con revisión do IPC, e unha rebaixa de 16 horas da xornada anual, entre outras melloras.
Estes avances na negociación do convenio de metal na provincia, que afecta a máis de 30.000 traballadores, lográbanse despois de quince encontros entre as partes
Relacionadas:
-
Convocada folga indefinida do metal a partir do 18 de xullo se non avanzan as negociacións
Por Anxo Lourido |
-
Cortes de tráfico e barricadas en ENCE nunha nova xornada de folga do sector do metal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
A manifestación do metal interrompirá este mércores a circulación no centro de Vilagarcía
Por Anxo Lourido |
-
O metal pontevedrés convoca tres xornadas de folga por un convenio digno
Por Redacción |