Cortes de tráfico e barricadas en ENCE nunha nova xornada de folga do sector do metal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Nova xornada da folga do sector do metal coa acción dos piquetes desde a madrugada.
Ao redor das 06.00 horas, os manifestantes prenderon lume a pneumáticos nos accesos á fábrica de Ence en Lourizán co obxectivo de evitar a entrada de traballadores de empresas auxiliares que prestan servizo á factoría. As barricadas instaláronse na entrada da factoría pola estrada vella de Marín. Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Pontevedra para apagar as lapas.
Sumáronse á protesta, o novo secretario xeral de Industria de CCOO, Eduardo Antón, e o secretario xeral de Industria en Galicia deste sindicato, José Corbacho, ademais de representantes sindicais de CIG e UGT, as tres centrais que convocan o paro.
Tamén, a primeiras horas, establecíanse diferentes accións reivindicativas con cortes de tráfico en distintos puntos da contorna de Pontevedra.
Desta forma, un piquete instalábase na estrada de Vilagarcía de Arousa onde se interrompía o tráfico e tamén tiña previsto dirixirse ao polígono empresarial de Barro.
Representantes sindicais e integrantes dos piquetes realizaron visitas a empresas como Setga ou Manufacturas do Lérez ao ter coñecemento de que abriran as súas portas.
Ao mediodía desenvolvíase unha manifestación pola avenida de Marín desde Mollavao ata a Deputación de Pontevedra, onde se celebraba o pleno de investidura de Luis López, do Partido Popular. Alí, os manifestantes uníronse aos traballadores das ambulancias que tamén se atopaban en xornada de folga.
Anxo Lúa, secretario comarcal de Industria de CIG, afirmaba que neste quinto día de folga na provincia a convocatoria estaba sendo un éxtio que alcanzaba o 100% de apoios nos centros de traballo. Entende que a patronal debe tomar recado da situación e sentarse a negociar sen establecer como condición que se suspendan as xornadas de paro. "Non podemos desconvocar para negociar en inferioridade", explicou o representante sindical.
O paro continuará este venres 7 e tamén os días 12 e 13 de xullo. Ademais, as tres centrais sindicais convocantes estudarán novas xornadas de protesta ao longo do mes de xullo mentres non haxa un chamamento da patronal para abrir o diálogo e achegar posturas.
Lúa lembrou que o cansanzo dos traballadores pode provocar situacións como a queima de pneumáticos rexistrada en Ence. "Non estamos xustificando este tipo de actos pero van ser incontrolables", alertou o representante da CIG.
Relacionadas:
-
Denuncian os "recortes e despedimentos" que impulsa ENCE en contratas e auxiliares
Por Redacción |
-
Ence admite perdas de 4,2 millóns de euros no primeiro semestre de 2023
Por Redacción |
-
Preacordo no metal para evitar a folga indefinida
Por Redacción |
-
Convocada folga indefinida do metal a partir do 18 de xullo se non avanzan as negociacións
Por Anxo Lourido |
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
A manifestación do metal interrompirá este mércores a circulación no centro de Vilagarcía
Por Anxo Lourido |
-
Terceira xornada de folga do metal con cortes de tráfico nas rotondas do Nó do Pino
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un piquete nesta segunda xornada da folga do metal impide a entrada á fábrica de persoal de contratas de Ence
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
CC.OO. denunciará a ENCE por vulnerar o dereito de folga se substitúe auxiliares durante a parada técnica
Por Redacción |