A manifestación do metal interrompirá este mércores a circulación no centro de Vilagarcía
Por Anxo Lourido
A circulación de vehículos no centro urbano de Vilagarcía verase afectada con interrupcións durante este mércores 28 de xuño con motivo da manifestación prevista dentro da xornada de folga convocada polos sindicatos no sector do metal.
A marcha partirá ás 12.00 horas da rotonda de Larsa para dirixirse pola avenida das Carolinas a Rodrigo de Mendoza e despois virar na glorieta da Mariña Española cara a Doutor Tourón. A protesta prolongarase por Alejandro Cerecedo e despois continuará pola rúa peonil de Arcebispo Lago finalizando cunha concentración na Praza de Galicia.
A Policía Local lembra que a manifestación ocupará os dous carrís de circulación e, por tanto, o paso de vehículos verase cortado polas zonas por onde transcorre. Desta forma o acceso ao centro de Vilagarcía desde Rodrigo de Mendoza quedará interrompido ao mediodía.
Aconsellan aos condutores de paso que utilicen as vías de circunvalación. Para dirixirse ao centro da vila desde a avenida de Cambados, a Policía Local recomenda utilizar o desvío pola N-640 ou circular por Pablo Picasso en dirección á Rúa Valle Inclán.
Os vehículos procedentes de Carril en dirección á avenida de Pontevedra dispoñen como alternativa a Rúa Rivero de Aguilar en dirección a Valle Inclán.
Relacionadas:
-
Preacordo no metal para evitar a folga indefinida
Por Redacción |
-
Convocada folga indefinida do metal a partir do 18 de xullo se non avanzan as negociacións
Por Anxo Lourido |
-
Cortes de tráfico e barricadas en ENCE nunha nova xornada de folga do sector do metal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
Terceira xornada de folga do metal con cortes de tráfico nas rotondas do Nó do Pino
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un piquete nesta segunda xornada da folga do metal impide a entrada á fábrica de persoal de contratas de Ence
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
CC.OO. denunciará a ENCE por vulnerar o dereito de folga se substitúe auxiliares durante a parada técnica
Por Redacción |
-
O metal pontevedrés convoca tres xornadas de folga por un convenio digno
Por Redacción |