Terceira xornada de folga do metal con cortes de tráfico nas rotondas do Nó do Pino
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un piquete volvía presentarse na entrada da fábrica de Ence a primeiras horas deste xoves 22, na terceira xornada de folga do metal convocada polas forzas sindicais.
Ao longo da mañá, manifestantes cortaron o tráfico de maneira intermitente en diferentes rotondas da contorna do Nó do Pino, na estrada de Vigo, segundo informan desde a Xefatura da Policía Local de Pontevedra.
Nesta ocasión realizábase unha concentración ás 12.00 horas en Pontevedra, tras unhas mobilizacións polos polígonos de Barro e do Vao. En todo caso, un piquete permaneceu na fábrica de Ence para evitar que persoal procedente de empresas auxiliares principalmente portuguesas accedan á factoría pasteira de Lourizán para realizar tarefas de mantemento durante esta semana de parada técnica.
Unidades de Intervención Policial tamén estiveron presente na zona para evitar incidentes. Víctor Ledo, secretario xeral da Federación de Industria de Galicia de CCOO, tamén acompañou a acción sindical que se desenvolveu na contorna da fábrica.
A folga que afecta a toda a provincia, tamén ten protagonismo na comarca do Salnés, onde tamén se convocara unha manifestación ás 12.00 horas desde a rotonda das Carolinas ata o Concello de Vilagarcía de Arousa.
As centrais sindicais maioritarias no sector do metal tamén convocaron dúas novas xornadas de folga previstas para o xoves 6 e o venres 7 de xullo.
Os representantes dos traballadores seguen a reclamar un convenio colectivo digno con melloras salariais e laborais e lamentan a actitude que está mantendo a patronal.
Relacionadas:
-
Convocada folga indefinida do metal a partir do 18 de xullo se non avanzan as negociacións
Por Anxo Lourido |
-
Cortes de tráfico e barricadas en ENCE nunha nova xornada de folga do sector do metal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
A manifestación do metal interrompirá este mércores a circulación no centro de Vilagarcía
Por Anxo Lourido |
-
Un piquete nesta segunda xornada da folga do metal impide a entrada á fábrica de persoal de contratas de Ence
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
CC.OO. denunciará a ENCE por vulnerar o dereito de folga se substitúe auxiliares durante a parada técnica
Por Redacción |
-
Gran seguimento da folga do sector do metal na provincia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O metal pontevedrés convoca tres xornadas de folga por un convenio digno
Por Redacción |