CC.OO. denunciará a ENCE por vulnerar o dereito de folga se substitúe auxiliares durante a parada técnica
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras lanzou este domingo unha advertencia á empresa Ence en relación coa parada técnica anual e a súa coincidencia coa folga do sector do metal convocada para os días 20 e 22 de xuño.
Ante a previsión da dirección de Ence de contratar empresas do sector do metal para substituír ás empresas auxiliares habituais que prestan servizo en Lourizán durante as xornadas de folga, CC.OO. vai presentar denuncia na Inspección de Traballo.
A advertencia que lanza o sindicato é que se efectivamente confírmase a substitución dos traballadores en folga, presentarán unha denuncia ante a Fiscalía de Pontevedra contra a empresa pola comisión dun delito de vulneración do dereito de folga.
Desde o sindicato sosteñen que a coincidencia da parada da fábrica coa convocatoria de folga "non se pode resolver a favor dos intereses empresariais de Ence e en detrimento do dereito de folga dos traballadores".
CC.OO. lembra que son firmes defensores da permanencia de Ence en Lourizán e aseguran que "coa mesma firmeza e contundencia" van actuar para que se respecte o dereito constitucional da folga, da que aseguran que "está máis que xustificada ante a tomadura de pelo da patronal do metal".
Unha das reivindicacións centrais da plataforma sindical unitaria é o establecemento dunha cláusula de subrogación, que afecta directamente os traballadores das empresas auxiliares do metal que prestan servizos en Lourizán, dereito do que xa dispoñen, por exemplo, os traballadores do sector de limpeza.
A subrogación afecta á estabilidade laboral de traballadores que agora están suxeitos á firma de acordos de contratación de servizos entre Ence e as empresas auxiliares, e que se poden ir á rúa si Ence contrata outras empresas distintas das que están a prestar servizos na actualidade.
Relacionadas:
-
Cortes de tráfico e barricadas en ENCE nunha nova xornada de folga do sector do metal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
A manifestación do metal interrompirá este mércores a circulación no centro de Vilagarcía
Por Anxo Lourido |
-
Terceira xornada de folga do metal con cortes de tráfico nas rotondas do Nó do Pino
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un piquete nesta segunda xornada da folga do metal impide a entrada á fábrica de persoal de contratas de Ence
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Gran seguimento da folga do sector do metal na provincia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O metal pontevedrés convoca tres xornadas de folga por un convenio digno
Por Redacción |