Eva Vilaverde asegura que "mentres o BNG siga no Goberno a rúa Raíña Vitoria permanecerá pechada"
Por Oskar Viéitez
"Mentres o BNG siga no Goberno a rúa Raíña Vitoria permanecerá pechada". Así falou a alcaldesa de Pontevedra en funcións, Eva Vilaverde, que quixo este martes, 1 de agosto, realizar unha aclaración perante as preguntas e dúbidas xurdidas a raíz dos acordos plenarios entre o PP e PSOE realizados este luns, ao redor de Raíña Vitoria e a eliminación de lombos nas vías sanitarias.
Eva Vilaverde lembrou que a "competencia executiva" de abrir ou realizar obras na cidade de Pontevedra "depende en exclusiva do Goberno Local".
Vilaverde indicou que esta mañá recibiu diversas mensaxes e chamadas da veciñanza "nas que se pon de manifesto a súa preocupación nesta cuestión".
A alcaldesa en función manifestou que "os pactos realizados onte polo PP e o PSOE só amosan unha opinión política compartida á hora de atacar o modelo de cidade".
"O peche de Raíña Vitoria é unha das pedras angulares para seguir avanzando co modelo de cidade. A súa reapertura significaría a volta dun tráfico excesivo a Eduardo Pondal e outras rúas da cidade", indicou.
Eva Vilaverde quixo deixar claro que "mentres o BNG estea no Goberno de Pontevedra, a veciñanza pode estar tranquila porque nós non imos levantar lombos que salvan vidas e que foron pedidos pola veciñanza, nin abrir rúas que cos seus peches melloraron a calidade de vida dos pontevedreses e das pontevedresas".
Por último, engadiu unha mensaxe dirixida aos partidos da oposición: "se o PP e o PSOE de Pontevedra están de acordo en cousas tan importantes como esta e as queren facer efectivas, a única maneira que teñen para facelo e chegar a novas maiorías para gobernar esta cidade xa que o pleno non ten competencias neste eido", finalizou.
Relacionadas:
-
O goberno local dálle carpetazo definitivo ás mocións sobre Raíña Vitoria e as vías sanitarias
Por Oskar Viéitez |
-
O informe de Secretaría conclúe que o acordo do Pleno para abrir ao tráfico Reina Vitoria non é vinculante
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE tacha de "radicalmente falso" que non queira negociar co BNG: "Se queren gobernar en coalición, que poñan día e hora"
Por Natalia Puga |
-
Lores sostén que "non ten sentido" negociar co PSOE porque "ten decidido non entrar no Goberno"
Por Natalia Puga |
-
Eva Vilaverde, alcaldesa en funcións, sobre a proposta do PSOE: "A man tendida a negociar parece man aberta para dar"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
O PSOE tende a man ao Bloque para retomar as negociacións do pacto de goberno
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG cre que non haberá pacto de goberno e o PP descarta unha moción de censura, "en estos momentos"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG de Pontevedra cre que este mandato "probablemente vaia a moción de censura"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O Pleno aproba a reapertura ao tráfico de Raíña Vitoria e a substitución dos lombos nas vías sanitarias
Por Oskar Viéitez |