A Romaría da Renda regresa en setembro tras o parón da pandemia
Por Redacción
A Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña (ACDeM Armadiña) volve organizar este ano a súa Romaría da Renda, que chegará á súa cuarta edición o domingo 17 de setembro en Xuviño, Combarro.
A asociación volve a apostar polo formato romaría pausado dende a pandemia co obxectivo recuperar unha tradición xa perdida, a romaría que que tiña lugar nos arredores da Capela da Renda durante a celebración da Virxe da Gracia e que toda a veciñanza lembraba como unha gran festa do lugar.
A festa xirará arredor do xantar popular no campo da Renda. Haberá polbo, cervexa Meiga e rosquillas.
Para animar a que a veciñanza despregue manteis sobre o campo, tal e como se facía nas romarías tradicionais, a asociación dará o 'Premio ao mellor mantel' á peza máis orixinal e característica.
A programación comezará ás 11:30 horas cun roteiro coas Pandeireteiras de Armadiña. Sairá da praza da Chousa.
Ás 12.00 horas está prevista a apertura do Taboleiro da Memoria, unha mostra popular de fotografía antiga con temática da zona da Renda.
A partir das 13:00 horas será momento para a Sesión Vermú con Abril, finalista nos premios Martín Códax.
O xantar popular será a partir das 14.00 horas e ás 16:00 procederase á entrega do Premio ao Mellor Mantel e Sorteo de Pandeireta Conmemorativa.
Pola tarde, ás 16:30 horas, haberá xogos tradicionais da man de Xogando Miudiño e a partir das 17.30 horas será a quenda da actuación de Vides Novas. Dende a asociación convídase as asistentes a traer os seus propios instrumentos para acompañar durante esta celebración.
Relacionadas:
-
Este ano non haberá Armadiña Rock
Por Oskar Viéitez |
-
A asociación Armadiña prepara unha nova exposición fotográfica sobre a beleza de Combarro
-
Festival solidario da Asociación Virxe da Renda
Por Redacción |
-
Todo preparado no Xuviño para celebrar a terceira Romaría da Renda
Por Redacción |
-
Chega a segunda edición da Romaría na Renda
Por Redacción |
-
A asociación Armadiña recupera a Romaría na Renda
Por Redacción |