Imaxes e lembranzas da catástrofe do Prestige chegarán ao Pazo da Cultura con 'Sempre Máis'
Por Redacción
Este venres 6 de outubro inaugúrase, a partir das 20.00 horas, a exposición 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige', no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Esta iniciativa procede da asociación 'Unha Gran Burla Negra' que presenta material realizado polos colectivos integrados na plataforma 'Nunca Máis' durante a catástrofe ambiental co afundimento do buque que provocou danos no litoral galego.
O traballo inclúe actividades dos colectivos ecoloxistas de Galicia ao longo dos anos de protesta para defender o medio ambiente.
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) conta cun protagonismo especial ao achegar numeroso material que non se expuxo anteriormente e porque se vai a emitir o documental producido pola APDR titulado 'Paraíso Roubado', dirixido por Lukas Santiago.
A mostra permanecerá aberta ata o 13 de novembro.
Ten entrada libre en horario de luns, mércores, xoves e venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Martes, pechada.
Relacionadas:
-
Abre no Pazo da Cultura a mostra ‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As cores e o seu significado, protagonizan unha exposición na Ferrería
Por Oskar Viéitez |
-
O chapapote regresa á costa da Illa de Arousa mesturado con algas e investigan un barco de Vigo
Por Natalia Puga |
-
'Alegría' mestura documental e ficción para revisar os feitos tralo accidente do Prestige
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Pontevedra empápase de 'dignidade' no 20 aniversario do afundimento do Prestige
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Presentan o documental '20 anos de dignidade' da plataforma Nunca Máis no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Chévere reconstrúe a memoria colectiva galega co Prestige como pano de fondo
Por Redacción |