O PSOE censura a "incompetencia alarmante" do presidente da Deputación no caso das entradas para o España-Italia
Por Anxo Lourido
Gorka Gómez, deputado socialista na Deputación de Pontevedra, lamenta a falta de transparencia en toda a xestión das entradas do partido que a selección feminina española disputará en Pasarón o 1 de decembro contra Italia.
Reclama ao presidente provincial Luis López datos sobre cantas entradas foron postas á venda e cantas recibiu a Deputación de Pontevedra, patrocinadora do encontro. Tamén pide explicacións sobre os criterios que se estableceron para repartir esas entradas.
Gómez critica que o presidente da Deputación ao ser preguntado en rolda de prensa sobre o procedemento de entrega das entradas dixera que "non tiña nin idea". Desta forma, desde o Partido Socialista consideran que na xestión de Luis López e da deputada responsable de Deportes, Marta Fernández-Tapias, faise gala dunha "incompetencia alarmante".
Lembran que a Deputación de Pontevedra destinou ao patrocinio deste partido un total de 200.000 euros de diñeiro público.
"Cando se negocia un patrocinio con diñeiro público hai que ter un control absoluto", explica Gorka Gómez, "e unha das cuestións a negociar é o número de entradas que se van vender e con que criterios, asegurando que a maior parte das entradas estean dispoñibles para a venda en taquilla", sinala.
O deputado socialista considera que este caso das entradas mostra a "nefasta xestión do Partido Popular" á fronte da institución. O seu malestar deixouno patente nun fío en redes sociais.
Fio Ante a polémica suscitada pola falta de transparencia e o escándalo acontecido coa venda de entradas para o España-Italia. No pleno de onte preguntamos ao presidente cando pensa dar explicacións do número de entradas postas á venda e cantas foron recibidas pola deputación
— Gorka Gómez (@gorkavigo) November 25, 2023
Relacionadas:
-
O PSOE critica a "parálise, erros e escándalos" do goberno do PP na Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Gorka Gómez denuncia "presións políticas aos clubs" para que apoien a xestión da venda de entradas do España-Italia
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra xa respira o ambiente do España-Italia
Por Redacción |
-
Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño |
-
O adestramento da selección española de fútbol do próximo xoves en Pasarón será gratuíto e aberto ao público
Por Oskar Viéitez |
-
Máis da metade do aforo para o España-Italia, comprometido en prevenda aos clubs
Por Diego Espiño |
-
Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |