Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, inaugurou este venres unha exposición fotográfica na entrada do Museo de Pontevedra sobre a Selección Española Feminina campioa do Mundo, acompañado do vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez. Trátase de imaxes en gran formato sobre a consecución do Mundial e que poderá visitarse durante os próximos días.
Alí o máximo mandatario do fútbol galego referiuse á situación xerada pola falta de localidades para o público xeral que quería presenciar o partido do próximo 1 de decembro entre España e Italia no Estadio Municipal de Pasarón, defendendo a decisión de priorizar os clubs galegos de fútbol feminino.
"Parece que imos ter que facer outro Pasarón máis para acoller aos afeccionados que non entran, pero o importante é que toda nena federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar, e creo que ese non é un dato menor", afirmou Louzán reiterando que "a metade do estadio será de fútbol feminino entre adestradores e xogadoras, creo que é unha satisfacción e un acerto".
Louzán en todo caso quixo "agradecer a resposta que houbo por parte da afección, pero creo que estamos todos de acordo en que o fútbol feminino tiña que ter unhas posibilidades diferentes ao público xeral, porque que pasaría se non lle damos esa oportunidade a que todas esas nenas e clubs, máis de 50 na provincia de Pontevedra, e non puidesen asistir a ese partido" reiterou.
O presidente da RFGF recoñeceu que "entendo que poida haber demanda de máis pero Pasarón ten unhas localidades que son as que son, das que quedamos case en 8.000 por unha restrición de UEFA co valo perimetral e porque nos fondos non hai asentos e non se poden vender esas localidades... fixemos todo o posible por darlle cabida a todo o mundo".
A alta demanda, iso si, sorprendeu ás partes implicadas na organización do partido internacional, e é que "todo o mundo preguntábame por que non fomos a Balaídos ou a Riazor. O partido máis importante de fútbol feminino que houbo ata o de agora en Galicia foi en Riazor con 10.000 entradas, das cales creo que 8.000 foron de agasallo, e foi relativamente recente", lembrou Rafael Louzán na súa intervención.
A cita ademais pensouse como unha homenaxe á pontevedresa Teresa Abelleira e "por iso quixemos vir aquí, criamos que era un estadio moderno e que para este partido era perecto, pero isto o que nos convida é en traballar nunha nova oportunidade e tentar facer unha repetición doutro partido, e por que non nesta cidade de novo", defendeu o presidente da Federación facendo énfase no "gran esforzo" que están a realizar para adecuar Pasarón, especialmente cunha iluminación na que "agora mesmo non funcionaba máis do 80% das luminarias".
Relacionadas:
-
Tere Abelleira e a súa estrea en Pasarón con España: "Creo que será un día inesquecible"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Poñen á venda 1.200 entradas liberadas para o España-Italia
Por Diego Espiño |
-
Traballo a contrarreloxo para que Pasarón luza a súa mellor cara no España-Italia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Gorka Gómez denuncia "presións políticas aos clubs" para que apoien a xestión da venda de entradas do España-Italia
Por Diego Espiño |
-
Alexia Putellas non estará en Pasarón: cae da convocatoria da Selección por lesión
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra xa respira o ambiente do España-Italia
Por Redacción |
-
O PSOE censura a "incompetencia alarmante" do presidente da Deputación no caso das entradas para o España-Italia
Por Anxo Lourido |
-
Comeza a posta a punto de Pasarón de cara ao partido entre España e Italia
Por Almu Dapena |
-
O adestramento da selección española de fútbol do próximo xoves en Pasarón será gratuíto e aberto ao público
Por Oskar Viéitez |
-
Máis da metade do aforo para o España-Italia, comprometido en prevenda aos clubs
Por Diego Espiño |
-
Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |
-
O España-Italia, unha proba de lume para o renovado céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |