Comeza a posta a punto de Pasarón de cara ao partido entre España e Italia
Por Almu Dapena
Comeza a posta a punto do Estadio Municipal de Pasarón de cara ao partido da Selección Española ante Italia do vindeiro 1 de decembro.
Tal e como anunciou a Real Federación Galega de Fútbol, este xoves comezaron os traballos de limpeza exterior do estadio, "uns traballos moi necesarios co ánimo dar a mellor imaxe posible".
A empresa contratada está a limpiar a fachada externa da instalación, así como os accesos, usando unha grúa de grandes dimensións para que presente as súas mellores galas para un evento histórico na cidade.
Por outra banda, o partido vai ser retransmitido en directo pola primeira canle de TVE en prime time (21:30 horas) e iso supón unhas condicións de iluminación que, segundo o informe dos técnicos de televisión que visitaron a instalación, nin de lonxe as cumpre, revelando "unha clara deficiencia lumínica con menos de 200 luxes de potencia, moi lonxe dos 1.000 esixidos, como mínimo, para unha correcta retransmisión do encontro".
Neste sentido, a Futgal xa contactou cunha empresa para dar unha solución a esta situación co fin de cambiar os focos que non funcionan e dese xeito alcanzar a luminosidade esixida. A empresa está a traballar a contrarreloxo para chegar a tempo, recurrindo a Alemaña para facerse co material necesario.
Ademais, van a intensificar o traballo de mantemento do novo céspede recurrindo á empresa encargada da súa colocación e implementaranse tamén outras medidas menores, da man do Pontevedra CF, para cumprir con todas as esixencias que conleva un partido desta dimensión.
Convén lembrar que ao tratarse dunha competición oficial, está previsto que tanto a selección española como a italiana adestren polo menos unha xornada no Estadio Municipal de Pasarón, ao que se sumará o propio choque do día 1 de decembro. A iso engádese dous días despois o derbi de Segunda RFEF entre Pontevedra e Compostela do domingo 3 de decembro (17.00 horas).
Relacionadas:
-
Traballo a contrarreloxo para que Pasarón luza a súa mellor cara no España-Italia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Gorka Gómez denuncia "presións políticas aos clubs" para que apoien a xestión da venda de entradas do España-Italia
Por Diego Espiño |
-
Zafarrancho de limpeza na rúa Dinamarca
Por Redacción |
-
Alexia Putellas non estará en Pasarón: cae da convocatoria da Selección por lesión
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra xa respira o ambiente do España-Italia
Por Redacción |
-
Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño |
-
O adestramento da selección española de fútbol do próximo xoves en Pasarón será gratuíto e aberto ao público
Por Oskar Viéitez |
-
Máis da metade do aforo para o España-Italia, comprometido en prevenda aos clubs
Por Diego Espiño |
-
Unha 'fan zone' en Montero Ríos, aperitivo ao partido das campioas do mundo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |
-
O España-Italia, unha proba de lume para o renovado céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Montse Tomé, sobre o España-Italia en Pasarón: "Afrontamos o partido coma se fose practicamente o último"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira non falla na convocatoria de España para o seu partido en Pasarón
Por Diego Espiño |