Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño
Foi unha misión case imposible. Poucos minutos despois das 12.00 horas deste xoves, data na que se abría ao público a venda de entradas para o partido internacional entre España e Italia no Estadio Municipal de Pasarón, todas as bancadas sinalaban xa no portal de venda o 'non hai localidades dispoñibles".
A situación, con multitude de afeccionados tentando sen éxito conseguir entradas, derivou nunha importante polémica ao redor do evento, ante as ganas que tiñan os pontevedreses de ver en directo ás campioas do Mundo.
"!Non tardastes nin unha hora en facervos con todas as entradas dispoñibles para o partido contra Italia en Pasarón! Sodes moi grandes Pontevedra!", sinalaba a Real Federación Española de Fútbol a través do perfil oficial da Selección Española de Fútbol confirmando o 'sold out'.
Só con fixarse nas respostas recibidas a través das redes sociais pódese comprobar o estado de axitación e indignación de moitos afeccionados.
Vaya por dios, seguimos esperando el e-mail de aviso. Fue todo muyyy raro. Me gustaría saber realmente cuántas salieron a la venta, porque ni con los Guns and Roses fue tan difícil comprar.
— Ana López (@euAnaLopez) November 23, 2023
"Non sei quen as comprou, porque non vin a ninguén que hoxe as conseguira. Vergoña!", sinalaba un das primeiras respostas, con seguidores que afirmaban que "ás 12.00 non se podían comprar e ás 12.02 todo vendido".
"Gustaríame saber realmente cantas saíron á venda, porque nin cos Guns and Roses foi tan difícil comprar", afirmaba outra resposta.
As críticas estendíanse tamén á falta de información da Federación, debido a que non envío un correo electrónico de aviso ás persoas que o tiñan solicitado previamente.
Ao rápido 'non hai billetes' contribuíu tamén como aspecto destacado que non todo o aforo do Estadio Municipal de Pasarón estaba dispoñible, ao estar previamente comprometido cos packs de entradas ofrecidas aos clubs galegos, ademais de para patrocinadores.
Nesta situación foron poucos os que recoñeceron lograr entrada, pero mesmo nese caso as mensaxes eran reveladores, preguntando "cantas había reservadas para clubs e patricinadores? 10.000?". Todo polas ganas que había de vivir un evento moi especial.
Tuve suerte y cogí una porque cancelaron compra, pero es imposible que estuviesen agotadas a las 12:01.
(@BarriPCF) November 23, 2023
¿Cuántas había reservadas para clubes y patricinadores? ¿10.000? https://t.co/91KhEUDDYT
Relacionadas:
-
Poñen á venda 1.200 entradas liberadas para o España-Italia
Por Diego Espiño |
-
Traballo a contrarreloxo para que Pasarón luza a súa mellor cara no España-Italia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Gorka Gómez denuncia "presións políticas aos clubs" para que apoien a xestión da venda de entradas do España-Italia
Por Diego Espiño |
-
Alexia Putellas non estará en Pasarón: cae da convocatoria da Selección por lesión
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra xa respira o ambiente do España-Italia
Por Redacción |
-
O PSOE censura a "incompetencia alarmante" do presidente da Deputación no caso das entradas para o España-Italia
Por Anxo Lourido |
-
Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño |
-
Comeza a posta a punto de Pasarón de cara ao partido entre España e Italia
Por Almu Dapena |
-
O adestramento da selección española de fútbol do próximo xoves en Pasarón será gratuíto e aberto ao público
Por Oskar Viéitez |
-
Máis da metade do aforo para o España-Italia, comprometido en prevenda aos clubs
Por Diego Espiño |
-
Unha 'fan zone' en Montero Ríos, aperitivo ao partido das campioas do mundo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |
-
O España-Italia, unha proba de lume para o renovado céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Montse Tomé, sobre o España-Italia en Pasarón: "Afrontamos o partido coma se fose practicamente o último"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira non falla na convocatoria de España para o seu partido en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
As entradas para o España-Italia en Pasarón, á venda o xoves 23 de novembro
Por Diego Espiño |
-
Fixado o horario para o partido entre España e Italia en Pasarón
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, protagonista na previa da Nations League: "Por fin falamos de fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Exame a Pasarón a case un mes do España-Italia: "Cumpre con todos os requisitos para un partido internacional"
Por Diego Espiño |