Máis de 150 actividades para todos os públicos no Culturgal
Por Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Autores como Inma López Silva, Xosé Monteagudo ou Manuel Esteban serán os protagonistas durante a tarde deste venres das "Conversas" literarias que se desenvolven na Feira das Industrias Culturais Culturgal.
A programación conta tamén con videocreacións e a presentación do proxecto musical Herdeiras, o de Os amigos dos Músicos, ademais da proposta para escolares Virapé, que se realizará no espazo infantil.
A actividade deste primeiro día no Culturgal concluirá co concerto, a partir das 21.30 horas de '15 anos con SonDeSeu', unha proposta musical ofrecida por Nalgures Producións coa participación de Rosa Cedrón e Orfeón de Treixadura. A entrada para este espectáculo é de 10 euros e desenvolverase no Auditorio do Pazo da Cultura.
A mañá do sábado contará cunha interesante cita científica, o Obradoiro Ano Internacional dos Legumes, no espazo infantil, a partir das 11.00 horas. Media hora máis tarde entregarase o primeiro premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados. Á mesma hora presentarase o libro de Martiño Suárez.
Entre outros actos variados, ás 12.15 deste sábado 3 presentarase o Ano do Patrimonio, na caseta da Deputación de Pontevedra. E ás 12.45, ofrecerase un avance dos contidos da décimo oitava edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
A xornada contará con numerosos actos que se poden consultar na programación do Culturgal. Ás 21.30 horas chegará un dos momentos máis esperados desta cita cultural, a actuación de Xosé Manuel Budiño recuperando, cando se cumpre o vixésimo aniversario, o seu primeiro traballo discográfico: Paralaia. Entre as artistas convidadas estará Mercedes Peón. As entradas pódense adquirir anticipadamente por 14 euros, máis gastos de xestión, en Ataquilla.
Durante toda a xornada permanecerá activa Q-fas, unha proposta da caseta do Concello de Pontevedra que traslada á rede as opinións, testemuños e os estados de creación dos protagonistas da cultura na cidade.
Relacionadas:
-
Culturgal pecha as súas portas consolidando as 15.000 visitas e pensando en 2017
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
A terceira entrega de María Fumaça, gran estrea infantil do Culturgal 2016
Por Cristina Saiz |
-
Un ano enteiro para dar a coñecer o patrimonio de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Flúe a actividade no escaparate da cultura galega, que "cada ano vai mellorando"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
'Escaquis e Romeu' empezan a escribir a historia do novo Salón do Libro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
SondeSeu inaugura a banda sonora do Culturgal
Por Mónica Patxot |
-
Xosé Manuel Budiño, prato forte da segunda xornada do Culturgal
Por Mónica Patxot |
-
Abre as portas o Culturgal, tres días co mellor da cultura galega no Recinto Feiral
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os protagonistas da cultura de Pontevedra, de Culturgal ás redes sociais
Por Redacción |
-
O Culturgal une a concellos de todas as cores políticas nas propostas patrimoniais da Deputación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |