O FICBueu presenta en Pontevedra o segundo dos seus Cadernos
Por Redacción
No 2019, o FICBueu incorporou á súa programación unha Sección Retrospectiva dedicada a repasar fitos da historia das curtametraxes coa intención de poñer en valor o papel do formato ao longo da historia do cinema. Do labor de investigación e documentación que requiriu esta ampliación da programación, naceu tamén o proxecto Cadernos FICBueu, que camiña xa cara a publicación do terceiro dos seus volumes e que verá a luz no FICBueu 2022.
Nesta ocasión o seu autor, Severiano Casalderrey, achegarase á Casa das Campás para falar do Caderno FICBueu #2 titulado “O National Film Board of Canada e a súa idade dourada da curtametraxe”. Este volume, que foi presentado durante o FICBueu 2021, afonda nas creacións máis destacadas da maior produtora pública do mundo. O texto do ensaio acadou o accesit na categoría de "mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional" nos premios María Luz Morales da Academia Audiovisual Galega.
Organizada pola Asociación FICBueu coa colaboración da Vicerreitoría da Universidade de Vigo, esta actividade ten por obxecto contribuír á difusión dunha publicación bilingüe, editada en inglés e en galego co apoio da Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a embaixada de Canadá en España.
O proxecto Cadernos FICBueu procura non só profundar nas obras seleccionadas para a retrospectiva cinematográfico senón contribuír tamén á historiografía da curtametraxe. Con este obxectivo, desde a organización do festival, alén da edición e presentación dos diferentes volumes, levan a cabo un traballo de distribución dos cadernos, non só en institucións e centros formativos relacionados coa cultura cinematográfica de Galicia, senón tamén do resto de España.
Os Cadernos FICBueu están disponibles para consulta en diferentes bibliotecas públicas de Galicia e atópanse tamén á venda na web do festival.
Relacionadas:
-
O FICBUEU recupera a vella normalidade nunha 15 edición con nova imaxe e estrutura
Por Redacción |
-
Os centros educativos poderán enviar as súas curtametraxes ao FICBUEU a partir do luns
Por Redacción |
-
O FICBueu presenta a súa nova imaxe inspirada no cinema e a cultura galega
Por Redacción |
-
FICBUEU chega ao campus coa charla ‘Falando de foto fixa’
Por Redacción |
-
RADIO.- Terminado o FICBUEU, quédannos os seus libros coleccionables sobre cinema e curtas
Por Marisa Ciordia |
-
'Stephanie' obtén a Ánfora de Ouro e o Premio do Público recala en ‘Hysterical girl’ no FIC Bueu
Por Redacción |
-
Os locais de Bueu servirán tapas con títulos de películas coincidindo co FICBUEU
Por Redacción |
-
O festival de curtas, con dez días de proxeccións e actividades, volve situar en Bueu o epicentro da sétima arte
Por Redacción |