O Teucro invoca ao regreso da 'Marea Azul' para acompañar o equipo na Coruña
Por Diego Espiño
A falta de seis xornadas para o final da liga regular na Primeira Nacional, a Sociedad Deportiva Teucro afronta un momento clave da tempada.
No seu obxectivo de pelexar polo ascenso, o conxunto pontevedrés colocouse a fin de semana na segunda posición da liga, con 39 puntos, co seu triunfo ante o Lalín e aproveitando o tropezo do OAR Coruña, terceiro agora con 38. Co Lanzarote destacado no liderado con 43 puntos, amarrar esa segunda praza, que é a última que dá acceso ao play-off, é o reto do vicedecano do balonmán nacional.
Por iso a próxima xornada de liga, prevista para o sábado 23 de marzo (19.00 horas), antóllase como decisiva, xa que o cadro teucrista visitará precisamente o OAR Coruña.
Ante a importancia do duelo no Teucro movéronse para rescatar á súa 'Marea Azul' facilitando o desprazamento de afeccionados á localidade herculina.
A directiva da entidade habilitou un autocar para asistir ao partido, cuxo custo de desprazamento será de só 5 euros (ida e volta).
Os insteresados poden anotarse escribindo ao correo electrónico baseazul@teucro.es ou mandando un whatsapp co seu nome e apelidos ao número 680 418 311.
Relacionadas:
-
Duro correctivo do Oar Coruña ao Teucro (30-24)
Por Redacción |
-
O Teucro mantén o ritmo (26-22)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Teucro sorprende o líder Lanzarote cun gol case sobre a bucina (31-31)
Por Redacción |
-
Un Teucro con moito 'Ingenio' (34-31)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Folgada vitoria do Teucro ante o Tejina para seguir a un ritmo imparable (19-26)
Por Redacción |
-
Sancionan o Teucro por "comentarios ofensivos" contra a arbitraxe e a Federación durante unha retransmisión por streaming
Por Diego Espiño |