David Cal confirma o seu adeus entre bágoas e arroupado polos seus
Por Ramiro Espiño
Non se fixo esperar. Mesmo foi o máis madrugador. David Cal, cun sorriso nos beizos que logo se quebraría varias veces pola emoción, chegaba na tarde deste venres ás inmediacións do Concello de Cangas con mais de media hora de adianto sobre a fixada para a rolda de prensa na que debía confirmar a súa retirada.
Acompañado dalgunhas das persoas da súa máis íntima confianza. A súa irmá. O seu representante, Antonio Saborido, e algúns amigos. Aínda eran poucos os representantes da verdadeira nube de medios de comunicación que cubrirían a noticia. Non era para menos, o deportista olímpico máis laureado da historia de España, estaba a punto de confirmar a noticia que saltou, máis por indiscreción que por sorpresa, hai un par de días.
Consciente, como el mesmo admitiu, que nestes dous días fora o personaxe máis buscado do país: "Más que el Dioni", bromeou con PontevedraViva e dicindo que estaba ben. Saudando a todos os que ían chegando ás inmediacións.
Entre as personalidades que non quixeron perderse a cita, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, que foi o seguinte en chegar. Logo faríao o alcalde de Cangas do Morrazo, José Enrique Sotelo.
Entraron nos locais do Concello, pero como faltaba tempo para a hora fixada, saíron de novo para acomodarse un instante na terraza dunha cafetaría próxima. Ao seu arredor, xa eran unha verdadeira multitude os fotógrafos dos diferentes medios que trataban de captar cada momento.
Logo accederon o salón de plenos do Concello. Alí, xunto a familiares, amigos e xornalistas, esperaban xa os membros do Club de Mar Ría de Aldán, de piragüismo, o equipo de David, cuxos compoñentes quixeron arroupar o seu compañeiro e ídolo nun momento tan especial. A ovación foi atronadora.
Abriu as intervencións o alcalde de Cangas e grande amigo persoal de David. A José Enrique Sotelo quebróuselle a voz e escapáronse as primeiras bágoas, despois de dicirlle ao campión: "Grazas en nome de Cangas. David ten pasado, pero tamén ten futuro", en alusión a un fragmento do libro escrito polo seu adestrador, Suso Morlán, tras a prata de Londres.
Lete Lasa foi moi breve. A súa intervención non quixo restar protagonismo a quen lle correspondía, limitándose a "apoyarte en el camino que estás dispuesto a elegir".
"Estoy aquí para dar la noticia de que me retiro. No quería darla de esta forma, pero se filtró y estos días fueron caóticos"
E chegou a quenda para David, que dixo: "Estoy aquí para dar la noticia de que me retiro. No quería darla de esta forma, pero se filtró y estos días fueron caóticos". Nese momento a voz entrecortóuselle e rompeu a chorar, recibindo unha pechada ovación de todos os presentes.
Logo, xa un pouco máis sereno, explicou os motivos da súa decisión: "No me encontraba a gusto. No tenía ganas ni motivación", para seguir dando as grazas a todas as persoas que lle apoiaron e en especial ao seu adestrador, Suso Morlán.
Precisamente, a preguntas dos xornalistas, quixo desmentir que a causa da súa marcha fose unha mala relación con Morlán: "Con Suso no ha habido ningún problema. Puede que hayamos discutido, pero como otras veces, nada importante. Lo que pasa es que a 8.000 kilómetros de mi casa, echaba de menos a mi gente".
Tamén descartou a posibilidade de reformularse seguir coa súa preparación, aquí, na súa casa, pero da man doutro adestrador, como se especulou estes días: "No me apetece seguir haciendo esto. Empezar con otro entrenador no me lo planteo y además pienso que ya sería un poco tarde".
Recoñeceu que se encontraba un pouco fóra do seu peso habitual: "pero eso no es problema. Ya me pasó otras veces. Es un problema mental. Si la cabeza no funciona el cuerpo no va".
Con respecto á fonte que puido filtrar a noticia da súa retirada, dixo: "Yo hablé con Alejandro Blanco en Murcia. Se lo dije, pero el me asegura que no la filtró, y yo le creo".
"Con Suso he estado 18 años y nunca me ha fallado. En todo momento me apoyó y entendió mi decisión de abandonar"
Logo volveu reafirmar a súa boa relación con Suso Morlán: "Con Suso he estado 18 años y nunca me ha fallado. Se lo dije y me dijo que me lo pensase unos días. En todo momento me apoyó y entendió mi decisión de abandonar".
Por último, con respecto ao seu futuro inmediato, David Cal dixo: "Ahora lo que quiero es estar en casa, con mi familia y amigos. Descansar. Más adelante supongo que acabaré haciendo algo relacionado con este deporte, intentando transmitir lo que pueda saber a los demás".
Ao finalizar, David Cal recibiu unha pechada ovación que durou máis de tres minutos, levando a emoción a súa habitualmente tímida cara.
Relacionadas:
-
O Consello Superior de Deportes entrega a David Cal a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
David Cal, a retirada dunha lenda
Por Redacción |
-
David Cal recibirá a Gran Cruz do Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
David Cal recibirá a Medalla de Ouro de Galicia
Por Redacción |
-
David Cal, homenaxeado polo Comité Olímpico Español
Por Redacción |
-
A pista de piragüismo de Pontillón do Castro levará o nome de David Cal
Por Diego Espiño |
-
David Cal recibirá unha homenaxe da Xunta na entrega dos Premios Deporte Galego
Por Redacción |
-
Promoven que o Pontillón do Castro pase a chamarse Centro Deportivo David Cal
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O mundo do deporte homenaxeará o 13 de abril a David Cal trala súa retirada
Por Redacción |
-
David Cal retírase da competición
Por Redacción |